Xoán Xesús Carril Ramos é un político galego do BNG.
Traxectoria Nas eleccións municipais de 1987 foi elixido concelleiro de Arzúa polo Partido Socialista Galego-Esquerda Galega. Integróuse no Bloque Nacionalista Galego e foi elixido responsable de finanzas do partido en Arzúa en 1999.La Voz de Galicia, Santiago, 29-6-1999, p. 47 Nas municipais de 2007 e 2011 foi elixido concelleiro e foi concelleiro de Deportes. Nas municipais de 2019 encabezou a candidatura do BNG en Arzúa e foi elixido concelleiro. Volveu encabezar a candidatura nas municipais de 2023 e foi elixido alcalde co apoio de Alternativa por Arzúa e o PSdeG-PSOE.
Vida persoal Casou con Mariluz Casanova Vidal, e teñen dúas fillas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Arzúa
Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSG-EG
Categoría:Alcaldes de Arzúa Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG