A alfa-1-microglobulina (A1M, α1-microglobulina,B. Ekström, P.A. Peterson, I. Berggård "A urinary and plasma alpha-1-glycoprotein of low molecular weight: isolation and some properties." Biochem. Biophys. Res. Commun 1975, vol. ás veces chamada proteína HC) é unha microglobulina, unha pequena proteína globular. Atópase en todos os vertebrados, incluíndo os humanos e está distribuída no plasma sanguíneo e tecidos extravasculares de todos os órganos. Sintetízana a maioría das células do corpo, pero principalmente as do fígado,Magnus G Olsson, 2009. Alpha-1-microglobulin: Innate defence against pathological oxidation. a partir dun xene que codifica o precursor da alfa-1-microglobulina/bikunina.
Estrutura
A A1M humana é un péptido de 183 aminoácidos que porta tres cadeas de carbohidratos. Pertence á familia proteica das lipocalinas, cuxos membros teñen forma de cesta construída con oito febras beta da cadea peptídica. Un residuo de cisteína nun dos bucles no extremo aberto da cesta é de importancia central para a súa función.
Función
A A1M únese e degrada grupos hemo, é un retirador de radicais así como unha redutase. Propúxose un modelo no que a A1M se describe como un “caldeiro do lixo” circulante que continuamente retira radicais libres e axentes oxidantes, especialmente hemos, dos tecidos. Despois é transportada aos riles, onde é degradada. Crese, pois, que a proteína protexe as células e tecidos contra os danos que se inducen polas concentracións anormalmente altas de hemoglobina libre ou especies reactivas do oxíxeno (tamén chamado “estrés oxidativo”).
A A1M é tamén inmunorregulatoria: a resposta inmune dos linfocitos e neutrófilos é en parte suprimida pola A1M.
Papel na diagnose
A A1M pode utilizarse como indicador da proteinuria. O test pode considerarse positivo cando a razón de A1M (en miligramos) e de creatinina en milimoles na urina é duns 0,7 mg/mmol.
Propúxose tamén un test para a preeclampsia, na que a A1M serve como marcador diagnóstico. Baséase no feito de que o estrés oxidativo nos tecidos da placenta desencadea a síntese endóxena e a concentración en plasma da proteína.
Potencial terapéutico
A A1M é candidata para varias aplicacións terapéuticas, como o tratamento ou alivio da preeclampsia, danos causados nos tecidos por hemorraxias cerebrais e úlceras crónicas nas pernas.
Notas
Categoría:Lipocalinas