miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Laos, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Laos ratificou a convención o 20 de marzo de 1987, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

No ano 2025, Laos ten catro sitios na lista do Patrimonio da Humanidade. A cidade de Luang Prabang incluíuse en 1995, Vat Phou en 2001, a Chaira das Xarras en 2019 e o Parque Nacional Hin Nam No en 2025. Os tres primeiros sitios son culturais, mentres que o último é natural. Ademais, Laos ten dous sitios na súa lista provisional.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Laos Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01Luang Prabang200px|Provincia de Luang Prabang 1995 479bis; II, IV, V (cultural)02Vat Phou200px|Provincia de Champasak 2001 481; III, IV, VI (cultural)03Chaira das xerras200px|Provincia de Xiangkhoang 2019 1587; III (cultural)04Parque Nacional Phong Nha – Kẻ Bàng e Parque Nacional Hin Nam No *150px|center|alt= Un mono gris e laranxa sentado nunha pólaKhammouane 2025 95bis; VIII, IX, Xx (natural)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país