Žan Mark Šiško, nado o 29 de xuño de 1997 en Liubliana, é un xogador esloveno de baloncesto profesional internacional. Formado nas categorías inferiores do Olimipija, actualmente non ten equipo despois de abandonar o Río Breogán da Liga ACB por motivos persoais. Cunha altura de 1,91 m, xoga na posición de base.

Traxectoria Nado en Liubliana, Šiško comezou a súa carreira profesional co principal equipo do seu país, a Union Olimpija, facendo a súa estrea oficial co primeiro equipo en marzo de 2014 aos 16 anos. Durante a temporada 2015−2016, pasou formar parte da Cibona, debutanto o 1 de novembro de 2015 na Liga do Adriático conta o Igokea, rematando o encontro con 11 puntos e 3 asistencias. O 28 de decembro de 2019, Šiško asinou un contrato co club Bayern München. En xullo de 2022, Šiško renovou o seu contrato co Bayern por outros dous anos, aínda que en novembro de 2022 foi apartado do equipo por motivos persoais durante o resto da tempada. Após finalizar a temporada, o 21 de xuño de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Club Baloncesto Breogán da Liga ACB, club que abandoa por motivos persoais o 27 de setembro de 2023.

Clubs Union Olimpija (1. SKL, 2013–2014) Škofja Loka (2. SKL, 2014–2015) KK Cibona (HKS / ABA Liga / BCL, 2015–2016) Ilirija (1. SKL, 2016–2018) Koper Primorska (1. SKL / ABA Liga, 2018–2020) Bayern München (BBL / Euroliga, 2020–2023) Río Breogán (ACB / BCL, 2023−presente)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Proballers

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Liubliana Categoría:Xogadores de baloncesto de Eslovenia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do KK Union Olimpija Categoría:Xogadores do KK Cibona Categoría:Xogadores do KD Ilirija Categoría:Xogadores do KK Koper Primorska Categoría:Xogadores do FC Bayern München (baloncesto) Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores da selección de baloncesto de Eslovenia