Silvia Abascal Estrada, nada en Madrid o 20 de marzo de 1979, é unha actriz española.

Traxectoria Tivo vocación artística desde nena, e aínda que na súa familia ninguén se dedicaba a este mundo, a súa irmá Natalia Abascal, tamén traballou como actriz, compartindo cartel ambas as dúas no filme. A súa primeira oportunidade chegaría da man de Chicho Ibáñez Serrador en 1992, cando foi escollida para ser unha das azafatas do inesquecible concurso Un, dos, tres... responda otra vez, presentado nesa etapa por Jordi Estadella.

O seu primeiro papel relevante como actriz foi en Pepa y Pepe onde compartiu protagonismo con actores como Verónica Forqué, Tito Valverde ou María Adánez en 1994. Curiosamente, máis tarde volveu facer de filla de Valverde en El Comisario, mentres que en Aquí no hay quien viva colaborou nalgúns capítulos interpretando de novo á irmá dun personaxe de María Adánez. En televisión destaca tamén a súa participación na miniserie Don Juan, onde interpretou a Dona Inés en 1997 e, máis recentemente, o seu traballo en Vientos de Agua (2006).

En cinema destacan títulos coma El tiempo de la felicidad (1997), de Manuel Iborra ou La voz de su amo (2001), de Emilio Martínez Lázaro, ademais de multitude de curtametraxes.

Ten realizado estudos de interpretación, baile español e ballet clásico e colabora en numerosos proxectos de ONG'S (como "Unicef" onde foi embaixadora). miniatura|275px|Silvia Abascal

A actriz sufriu o 2 de abril de 2011 un infarto cerebral na festa de clausura do Festival de Málaga do que tivo que ser intervida de urxencia para recuperarse despois favorablemente. Reapareceu publicamente a noite do 19 de febreiro de 2012 na entrega da XXVI edición dos Premios Goya.

Durante a súa recuperación escribiu o libro Todo un viaje, publicado en xuño de 2013. Nel, a actriz narra en primeira persoa as súas vivencias a consecuencia do infarto cerebral e as vicisitudes da súa recuperación.

Televisión La catedral del mar (2018). Antena 3. Vientos de agua (2006), de Juan José Campanella. Telecinco. El jardín de los cerezos (2005). TVE. Hospital Central (2004) (colaboración: 1 capítulo) Telecinco. Tres años en el paraíso (2004). TV-movie. Antena 3. Aquí no hay quien viva (2003) (colaboración especial: 2 capítulos). Antena 3. Una nueva vida (2003) (colaboración: 1 capítulo). Telecinco. Dentro del paraíso (2005) Las amargas lágrimas de Petra von Kant (2001) Estudio 1 para TVE. El Comisario (1999). Telecinco. Hostal Royal Manzanares (1997-1998). TVE. Don Juan Tenorio (1997), de José Luis Berlanga. Para TVE. Turno de oficio: Diez años después (1995) (colaboración: 1 episodio). Pepa y Pepe (1994). TVE. Un, dos, tres (1992) TVE.

Filmografía Escuchando a Gabriel (2006), de José Enrique March. La dama boba (2005, de Manuel Iborra). Vida y color (2005, de Santiago Tabernero). El Lobo (2004), de Miguel Curtois. A mi madre le gustan las mujeres (2002, Inés París). La fuente amarilla por Miguel Santesmases (2000) . El tiempo de la felicidad por Manuel Iborra (1997). Canciones de invierno (2004), de Félix Viscarret. Curtametraxe. La señorita Zuenig (2004), Viento del pueblo: Miguel Hernández (2002), de José Ramón Larraz. Para televisión. A mi madre le gustan las mujeres (2002), de Inés París e Daniela Fejerman. La voz de su amo (2001), de Emilio Martínez Lázaro. La cartera (2000) Endora (1999), de Fernando Mainguyague. Curtametraxe La fuente amarilla (1998), de Miguel Santesmases. El tiempo de la felicidad (1996), de Manolo Iborra.

Teatro Recital Romeu e Xulieta (1999) coa Compañía Ático Luna. La Gaviota (2002), de Chéjov. Dirixida por Amelia Ochandiano. Compañía: Teatro de la Danza. Personaxe: Nina. Historia de una vida (2004-2005) de Donald Margulies. Dirixida por Tamzin Townsend. Con Luisa Martín. Siglo XX... que estás en los cielos (2006) Dirixida por Blanca Portillo. Con Roberto Enríquez.

Premios Premios Goya 2006: nomeamento á Mellor actriz por La dama boba, de Manuel Iborra. 2004: nomeamento á Mellor actriz secundaria, por El lobo de Miguel Santesmases. 2000: nomeamento á Mellor actriz revelación, por La fuente amarilla de Miguel Santesmases.

Unión de Actores 2006: nomeamento á mellor actriz de teatro por Historia de una vida.

Festival de Málaga Biznaga de prata á mellor actriz (2006), por La dama boba de Manuel Iborra.

Festival de Santander 2006: Premio homenaxe á súa traxectoria profesional.

Premio Cadena 100 2006: Premio dos ouvintes á súa traxectoria interpretativa.

Premio Rojas 2005: Premio á mellor actriz de teatro por Historia de una vida.

Festival de Cáceres 1999: Premio San Pancracio á mellor actriz por La fuente amarilla.

Festival de Tolosa 1999: Premio á mellor actriz por La fuente amarilla.

Festival de San Sebastián 1999: Premio Max Faxtor ó rostro máis bonito do cine español.

Fotogramas de Prata 1997: Premio á mellor actriz de televisión por Hostal Royal Manzanares.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web Oficial IMDb

Abascal, Silvia Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1979