Blockbuster é unha serie de televisión estadounidense creada por Vanessa Ramos, quen tamén é produtora executiva. A serie baséase na marca Blockbuster, e está protagonizada por Randall Park no papel de Timmy, o xerente da última tenda de vídeos Blockbuster en Grandville, Míchigan. A serie estreouse en Netflix o 3 de novembro de 2022, onde conta cunha versión substitulada en galego. En decembro de 2022, a serie foi cancelada logo da primeira tempada.

Personaxes Randall Park como Timmy Yoon Melissa Fumero como Eliza Walker Olga Merediz como Connie Serrano Tyler Alvarez como Carlos Herrera Madeleine Arthur como Hannah Hadman

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión con versión galega