Ernesto Federico Alterio Bacaicoa, nado en Buenos Aires o 25 de setembro de 1970, é un actor arxentino residente en España. É fillo do actor Héctor Alterio e irmán da actriz Malena Alterio, e está casado coa tamén actriz Juana Acosta.
Traxectoria Aínda que naceu na Arxentina, instálase en España coa súa familia sendo moi novo debido ó exilio que sofre o seu pai Héctor Alterio polas súas ideas progresistas e o seu activismo político de esquerdas tralo golpe de estado no seu país natal.
Tiña intención de cursar estudos de Bioloxía, pero finalmente comezou a carreira de Historia, que abandonaría pola súa vocación artística. Matriculouse na popular escola de Arte Dramática de Cristina Rota, onde coñeceu a outros actores de éxito do cine español actual como Nathalie Poza, Guillermo Toledo ou Alberto San Juan, co que formou a compañía Ración de Oreja en 1996. Coñecería tamén a Andrés Lima, que tiña o seu propio grupo de actores. Deciden fusionar ambos en Animalario, gran canteira de actores de gran fama en España e compañía caracterizada polas súas funcións críticas coa realidade social do seu tempo, coma Que te importa amor o El fin de los sueños.
A súa carreira cinematográfica comeza a destacar polos seus traballos en películas coma Mi nombre es sombra, Tengo una casa, Morirás en Chafarinas,Belmonte, Más amor que frenesí ou Dos por dos entre outras. Los años bárbaros de Fernando Colomo foi o seu primeiro protagonista en cine, xunto a Jordi Mollà e Juan Echanove.
Repetiría con Colomo en El cuarteto de La Habana, papel que lle valeu unha candidatura ó Premio Goya ó mellor actor revelación.
Los lobos de Washington, de Mariano Barroso, Insomnio de Chus Gutiérrez, ou Salvador Dalí de Carlos Saura son algúns títulos posteriores destacados na súa filmografía, pero a quen sen dúbida lle reportou maior fama foi El otro lado de la cama, película de Emilio Martínez Lázaro.
En televisión fixo colaboracións episódicas en series como El joven Picasso, Lleno por favor, Colegio mayor, Los ladrones van a la oficina e Todos los hombres sois iguales.
O seu primeiro e único papel protagonista neste medio ata o momento foi na coprodución hispanoarxentina Vientos de agua (2005), un éxito de crítica pero fracaso de audiencia no que compartiu traballo co seu pai, interpretando ambos o mesmo personaxe en distintas épocas da súa vida.
Actor comprometido, en 1998 asinou un manifesto para o cesamento da limpeza étnica de Slobodan Milošević, dos bombardeos da OTAN e a substitución das forzas militares e grupos armados en Kosovo por unha paz composta por cascos azuis mandados pola ONU. Pere Ponce, Santiago Ramos, Alberto San Juan, Julieta Serrano, Pilar Bardem, Fiorella Fantoyano, Manuel Galiana, Juan Diego Botto, María Botto, Juan Luis Galiardo, Juan Diego, Amparo Valle foron outros actores que tamén apoiaron estas causas.
En canto á súa vida persoal, a súa parella é a actriz Juana Acosta, coa que tivo a súa primeira filla, chamada Lola, en 2006.
Filmografía Cine Ano Título Director 1995Tengo una casa Mónica LagunaBelmonte Juan Antonio Bollaín Dos por dos Eduardo Mencos Morirás en Chafarinas Pedro Olea1996 Más que amor, frenesí Alfonso Albacete, David Menkes e Miguel Bardem Mi nombre es sombra Gonzalo Suárez1998 Los años bárbaros Fernando Colomo Insomnio Chus Gutiérrez 1999 Los lobos de Washington Mariano Barroso Cuarteto de la Habana Fernando Colomo 2000 Kashbah Mariano Barroso 2001 Buñuel y la mesa del rey Salomón Carlos Saura 2002 Deseo Gerardo Vera El otro lado de la cama Emilio Martínez Lázaro2003 Días de fútbol David Serrano2004 Muertos comunes Norberto Ramos del Val Incautos Miguel Bardem2005 Semen, una historia de amor Inés París e Daniela Fejerman El método Marcelo Piñeyro2006 Los 2 lados de la cama Emilio Martínez Lázaro2008 Rivales Fernando Colomo Lluvia Paula Hernández2009 Las viudas de los jueves Marcelo Piñeyro2011 Amigos Borja Manso El sueño de Iván Roberto Santiago Infancia clandestina Benjamín Ávila2012 La montaña rusa Emilio Martínez Lázaro2013 ¿Quién mató a Bambi? Santi Amodeo2014 El amor y otras historias Alejo Flah2015IncidenciasJosé Corbacho e Juan Cruz2016 Rumbos Manuela Burló Moreno El traje Alberto Rodríguez2017 Perfectos desconocidos Álex de la Iglesia2018 A sombra da lei || Daniel de la Torre |- |2019|| Lo dejo cuando quiera || Carlos Therón |- |2019|| Ventajas de viajar en tren || Aritz Moreno |- |rowspan="4"|2020 | Te quiero, imbécil || Laura Mañá |- | Un mundo normal || Achero Mañas |- | Crónica de una tormenta || Mariana Barassi |- | Orígenes secretos || David Galán Galindo |- | rowspan="2"|2021 | Donde caben dos || Paco Caballero |- | El cuarto pasajero'' Álex de la Iglesia
Televisión AnoTítuloPapelCanle1993 Los ladrones van a la oficinaFernando Antena 31994-1995 Colegio MayorCarlosTelemadrid1996 Todos los hombres sois iguales Mariano Telecinco2006 Vientos de agua José Olaya Telecinco / El Trece2009 La chica de ayer Samuel Santos Antena 32011-2012 Marco, la historia de un niño Carlos Gómez Antena 32017-2018 Las chicas del cable Sebastián Uribe Netflix2018 Narcos: Mexico Salvador Osuna NavaNetflix 2020 Alguien tiene que morir Gregorio Falcón Netflix 2021 Todos mienten Diego Movistar+ 2022 ''Santa Evita Moori Koening Star+
Teatro Ano Obra de teatro 1987 Muelle del oeste1988 La boda1996 Animalario Qué te importa que te ame 1997 El fin de los sueños 2001 Rosencratz y Guilderstein han muerto 2008 Edipo rey (Festival de teatro de Mérida) 2011 Yo, el heredero 2015 Atchusss
Premios Fotogramas de Plata Ano Categoría Película Resultado2003 Fotogramas de Plata ó mellor actor de cine Días de fútbol Candidato
Círculo de Escritores Cinematográficos Ano Categoría Película Resultado2005 Mellor actor secundario El método Candidato
Unión de Actores Ano Categoría Película Resultado2003 Mellor actor protagonista de cine Días de fútbol Candidato2002 Mellor actor protagonista de cine El otro lado de la cama Candidato1995 Mellor intérprete secundario de cine Tengo una casa Candidato
Premios Goya Ano Categoría Película Resultado2003 Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista Días de fútbol Candidato1998 Premio Goya ó mellor actor revelación Los años bárbaros Candidato
Véxase tamén
Categoría:Actores de cinema da Arxentina Categoría:Actores de televisión da Arxentina Categoría:Actores de teatro da Arxentina Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Arxentinos de ascendencia vasca Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1970