Asplenium billotii é unha especie de fento da familia das aspleniáceas. miniatura|Vista da planta.

Descrición Alcanzan os seus frondes até 35 cm, aínda que de ordinario son duns 20 cm. A súa cor é verde brillante e xorden en grupos densos dunha especie de raíz horizontal (rizoma). O seu pecíolo, marrón na súa parte inferior e brillante, é algo máis curto que o resto da fronde, que aparece dividida por dúas veces, en senllas series de pequenas follas menores, dentadas. Reprodúcense mediante esporas, que crecen e maduran en grupos (soros), que adquiren unha cor marrón, cubertos por unha lámina (indusio) protectora, no dorso das frondes e son liberadas (esporulación) cara ao inverno.Hemicriptófito.

Distribución e hábitat Esténdese pola conca mediterránea, as illas de Macaronesia e a franxa occidental de Europa. Aparece disperso baixo as rochas, en lugares frescos de rochedos e bosques, en sitios umbrosos xeralmente silíceos.

Taxonomía Asplenium billotii foi descrita por Friedrich Wilhelm Schultz e publicada en Flora 28: 738. 1845

Etimoloxía

Ver: Asplenium

billotii: epíteto outorgado en honra do botánico francés Paul Constant Billot (1796-1863).

Citoloxía

Número de cromosomas de Asplenium billotii (Fam. Aspleniaceae) e taxóns infraespecíficos: n=72.Proves Nota citotaxonómica sobre pteridoflora del noroeste de la Península Ibérica. Horjales, M. & al. (1990) Anales Jard. Bot. Madrid 48(1): 82-84.

Sinonimia

Asplenium cuneatum F.W. Schultz Asplenium fontanum var. lanceolatum Fiori Asplenium lanceolatum Huds. Asplenium obovatum auct. Trichomanes lanceolatum Bubani Athyrium lanceolatum (C.Presl) Heufl. [1856, Verh. K. K. Zool.-Bot. Ges. Wien, 6 : 345] Asplenium rotundatum Kaulf. [1830, Flora, 13 : 374]

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Siegmund Seybold (Hrsg.): Schmeil-Fitschen interaktiv (CD-Rom), Quelle & Meyer, Wiebelsheim 2001/2002, ISBN 3-494-01327-6

Categoría:Plantas descritas en 1845 Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Flora de Europa Categoría:Asplenium Categoría:Fentos de Galicia