Juan Francisco Fernández, nado o 21 de novembro de 2002 en Santa Fe, é un xogador de baloncesto profesional internacional arxentino. Formado nas categorías inferiores do Club Atlético Unión e do Baloncesto Fuenlabrada, actualmente xoga para o Bàsquet Girona da Liga ACB. Cunha altura de 2,10 m, xoga na posición de pivote.

Traxectoria Nado en Santa Fe, na Arxentina, Fernández formouse nas categorías inferiores do Club Atlético Unión, club da súa cidade natal. En 2019 cruzou o Atlántico para unirse á canteira do Baloncesto Fuenlabrada, equipo co que debuta na Liga ACB o 14 de novembro de 2021 ante o Real Madrid no Polideportivo Fernando Martín. Tras dúas temporadas na máxima categoría co equipo castelán, após o descenso deste último o 15 de xullo de 2023 anúnciase a súa fichaxe polo Río Breogán da ACB.

O 10 de xuño de 2024, anunciouse a súa fichaxe polo Bàsquet Girona da Liga ACB.

Clubs Ao longo da súa carreira, Fernández ten xogado para os seguintes equipos profesionais: Baloncesto Fuenlabrada (ACB, 2021−2022) CB Breogán (ACB / BCL, 2023−2024) Bàsquet Girona (ACB, 2024−presente)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en acb.com Perfil en Proballers

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados na provincia de Santa Fe Categoría:Xogadores de baloncesto da Arxentina Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Baloncesto Fuenlabrada Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Bàsquet Girona Categoría:Xogadores da selección de baloncesto da Arxentina