A Echium candicans é unha especie de arbusto pertencente á familia das Boraginaceae. miniatura|240x240px|Detalle das rosetas. miniatura|320x320px|Inflorescencias.
Descrición É un arbusto de madeira branda, procedente de Madeira, ten follas vellosas, agrisadas e ensiformes, que se agrupan en grandes rosetas nas puntas das ramas. Na primavera e verán nacen as flores, dun azul entre zafiro e violáceo, en inflorescencias cilíndricas de 60 cm; as flores só miden uns 12 mm de ancho, pero nacen xuntas por centos. De hábito estendido, crece até 1,8 m de altura, pero cunha extensión maior. Echium thyrsiflorum parécese bastante a E. candicans, pero as súas espigas de flores de cor lavanda pálida son máis altas e rectas. Esta especie é menos rechamante e, ao madurar,as súas espigas desordénanse.
Distribución Aparece só na illa de Madeira onde adoitan xurdir nas zonas de clima tépedo e húmido na illa, entre os 800-1400 m sobre o nivel do mar (nalgúns casos poden estar en maior altura) . Considérase pouco frecuente na natureza.
Usos Co tempo esta especie foi utilizada polo seu gran valor ornamental e cultívase nos xardíns situados a maior altura madeirense e as marxes das estradas de montaña. Durante moitos anos, cultívase noutras partes do mundo onde é moi apreciada polas súas inflorescencias. É común nos xardíns en países tépedos, e normal nos xardíns de Nova Zelandia, que parece que se naturalizou na terra pedregosa.
Taxonomía Echium candicans foi descrita por Carl von Linné o Mozo e publicada en Suppl. Pl. 131. 1782
Etimoloxía
Echium: nome xenérico que deriva do grego echium, que significa víbora, pola forma triangular das sementes que lembran vagamente á cabeza dunha víbora.
candicans: epíteto latino que significa "que chega a ser branco".En Epítetos Botánicos
Sinonimia
Argyrexias candicans Raf. Echium brachyanthum Hornem. Echium candicans var. noronhae Menezes Echium cynoglossoides Desf. Echium densiflorum DC. Echium macrophyllum Lehm. Echium maderense Steud. Echium marianum Boiss. Echium pallidum Salisb. Echium pavonianum Boiss. Echium truncatum auct. Echium fastuosum J. Jacq.USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Online Database]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. URL: (18 de setembro de 2013)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kartesz, J. T. 2011. North American plant atlas. The Biota of North America Program (BONAP). Lems, K. 1960. Floristic botany of the Canary islands. Liberty Hyde Bailey Hortorium. 1976. Hortus third. Press, J. R. & M. J. Short, eds. 1994. Flora of Madeira. Tutin, T. G. et al., eds. 1964–1980. Flora europaea. [mentions].
Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Flora de Galicia Categoría:Boraginaceae