Silvia Intxaurrondo Alcaine, nada en Barakaldo o 24 de outubro de 1979, é unha xornalista vasca.

Traxectoria Pasou a súa infancia en Santurtzi. Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Navarra e en filoloxía árabe pola Universidade Autónoma de Madrid, fixo un mestrado en Estudos Árabes e Islámicos Contemporáneos (Universidade Autónoma de Madrid), especializada en información internacional. A súa carreira profesional iniciouse no programa matinal Hoy por hoy, da Cadena SER presentado por Iñaki Gabilondo onde estivo catro anos.

En 2005 pasou a CNN+ para presentar informativos e dende a tempada 2006-2007 foi copresentadora no informativo de Iñaki Gabilondo, Noticias Cuatro 2, en Cuatro.

Dende o 8 de febreiro até o 23 de decembro de 2010 estivo en CNN+ copresentando o programa de actualidade Hoy. Dende 2011 e até xuño de 2012 formou parte da mesa de traballo da W Radio de Colombia (cadea do grupo PRISA) nas mañás, xunto a Julio Sánchez Cristo.

Dende o 3 de setembro de 2012 até o 20 de maio de 2013 traballou como subdirectora do programa Hoy por hoy da Cadena SER, na súa nova etapa coa presentación de Pepa Bueno e Gemma Nierga, pouco antes de ser nai.

Dende xaneiro de 2014 a decembro de 2014 presentou o programa diario de actualidade ETB hoy da canle autonómica vasco ETB 2. Entre xaneiro de 2015 e abril de 2015, presentou en ETB2 o programa de actualidade semanal ¡Por fin, viernes!.

En setembro de 2015 regresou a Cuatro onde se fixo cargo do programa semanal de debate de actualidade Un tiempo nuevo.

Dende setembro de 2017 dirixiu e presentou Telenoticias Fin de Semana en Telemadrid. Entre xaneiro de 2018 e abril de 2018 compatibilizou ese labor coa condución do programa Desaparecidos na 1.

O 30 de xullo de 2021 fichou pola 1 para presentar La hora de La 1, deixando así de presentar Telenoticias Fin de Semana en Telemadrid logo de case catro anos á fronte.

En 2023, fíxose viral unha entrevista co candidato do PP ás eleccións españolas, Alberto Núñez Feijóo, que obrigou ó político a rectificar as afirmacións falsas que fixera sobre as pensións.

Vida persoal Intxaurrondo é nai de 2 fillos.

Programas de televisión Ano Programa Canle Papel 2005 - 01/2010 Noticias Cuatro Cuatro Presentadora 01/2010 - 12/2010 Hoy CNN+ Presentadora 2014 ETB hoy ETB 2 Presentadora 2015 Un tiempo nuevo Cuatro Presentadora 2015 Por fin, viernes ETB 2 Presentadora 2016 Cuando ya no esté #0 AnalistaDiario de Jerez (16 marzo 2016) Iñaki Gabilondo reaparece en #0 con 'Cuando yo no esté' 2017 - 2021 Telenoticias Fin de Semana Telemadrid Directora / Presentadora 2018 Desaparecidos La 1 Presentadora2021 - actualidadLa hora de la 1 La 1 Directora / Presentadora

Programas de radio Ano Programa Cadea Papel 2002 - 2005 Hoy por hoy Cadena SER Redactora 2011 - 2012 La W W Radio (Colombia) Copresentadora 2012-2014 Hoy por hoy Cadena SER Subdirectora

Notas

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Barakaldo Categoría:Xornalistas do País Vasco Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid