Skank foi unha banda brasileira de pop rock formada en 1991 na cidade de Belo Horizonte, MG, por Samuel Rosa (voz, guitarra eléctrica e guitarra acústica), Henrique Portugal (teclados, guitarra e coros), Lelo Zaneti (baixo e coros) e Haroldo Ferretti (batería). A banda vendeu preto de 6,6 millóns de CD e DVD.

Historia Os catro músicos xuntáronse arredor do mesmo interese: transportar o clima do dancehall xamaicano á tradición pop brasileira. En 2019, tras 28 anos de carreira, a banda anunciou o seu fin, cunha xira de despedida celebrada entre 2022 e 2023.

miniatura|226x226px| Concerto en 2007.|esquerdaAo longo da súa carreira, Skank traballou con varios artistas internacionais, como Manu Chao, Andreas Kisser (Sepultura), Uakti ou Jorge Ben Jor, e foron eloxiados por Stewart Copeland pola versión de "Wrapped Around Your Finger", incluída na homenaxe latina a The Police, "Outlandos D'America", cantando unha versión en portugués. En 2002, Haroldo Ferretti e Henrique Portugal participaron no álbum Falange Canibal, do cantante e compositor Lenine.

En 2019, a banda anunciou que remataría as súas actividades, sen previsión de retorno. En 2020 debía realizarse unha xira de despedida, pero tivo que aprazarse debido á pandemia de COVID-19. O 26 de marzo de 2023 celebrouse o derradeiro concerto da banda, no Estádio do Mineirão, en Belo Horizonte. Notas

Véxase tamén

Outros artigos Rock brasileiro Música brasileira

Categoría:Grupos musicais de ska Categoría:Grupos musicais formados en 1991 Categoría:Grupos musicais do Brasil