Guillermo Schulz, nado co nome de Wilhelm Phillip Daniel Schulz en Dörnberg, Habichtswald (Alemaña) o 6 de marzo de 1805 e finado en Aranjuez o 1 de agosto de 1877, foi un enxeñeiro de minas hispano-alemán. Desenvolveu o seu labor en España, residindo en Ribadeo varias décadas. Ten no seu haber diversas publicacións derivadas dos seus estudos xeolóxicos, entre as que se atopa a Descripción geognóstica del Reyno de Galicia.
Traxectoria miniatura|300px|Detalle da colección de rochas de Galicia de Guillermo Schulz (1832-1834), conservada no Museo Xeomineiro (do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, en Madrid). En agosto de 1826 trasladouse a España. En 1830 é nomeado Comisario de minas. En 1833 é ascendido a Inspector de Distrito en Galiza e Asturias. Neste tempo elaborou escritos fundamentais sobre a minería en España e as minas de carbón. En 1844 converteuse en Inspector Xeral destinado en Asturias.
A raíña Isabel II distinguiuno en 1849 polos seus méritos. De 1854 a 1857 foi profesor na Escola Especial de Enxeñeiros de Minas de Madrid. Despois foi presidente da comisión que debía realizar o mapa xeolóxico de España. Con este mapa debían atoparse os tesouros do chan do país para a súa posterior explotación. En 1857 foi vicepresidente do Instituto Geológico de Madrid.
Guillerme Schulz é considerado un pioneiro da xeoloxía e a minería en España. Adquiriu un alto recoñecemento científico e un mérito polo seu impulso da minería española. Por estas razóns, rúas en cidades como Mieres ou Xixón, así como a EPS de Enxeñería Xeolóxica da Universidade de Oviedo, levan o seu nome.
Morreu aos 72 anos en Aranjuez, onde se retirou a vivir. Existe un monumento no seu honor no seu lugar de orixe, Dörnberg, creado en 2005.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Artigo de homenaxe na páxina do IGME . Escultura en Oviedo
Categoría:Enxeñeiros de Alemaña Categoría:Nados en Renania-Palatinado Categoría:Nados en 1805 Categoría:Finados en 1877