Á deriva (en ) é un filme de 2018 dirixido por Baltasar Kormákur e escrito por David Branson Smith, Aaron Kandell e Jordan Kandell. O filme baséase no libro de 2002 Red Sky in Mourning de Tami Oldham Ashcraft, unha historia real ambientada durante o Furacán Raymond en 1983. Está protagonizado por Shailene Woodley e Sam Claflin como unha parella que está á deriva no medio do océano Pacífico despois dun furacán, e debe atopar o camiño cara a Hawai cun barco danado e sen radio. Á deriva estreouse nos Estados Unidos o 1 de xuño de 2018 a través de STXfilms e recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que eloxiou as interpretacións e a fotografía mais criticou a narrativa familiar.
Estreouse en galego o 26 de xullo de 2023 a través da TVG.
Personaxes Shailene Woodley como Tami Oldham Sam Claflin como Richard Sharp Jeffrey Thomas como Peter Crompton Elizabeth Hawthorne como Christine Crompton Grace Palmer como Deb
Notas
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua islandesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Islandia Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes ambientados en 1983 Categoría:Filmes dirixidos por Baltasar Kormákur Categoría:Filmes ambientados na Polinesia Francesa Categoría:Filmes rodados en Fiji Categoría:Filmes de 2018 con versión en galego