A Myosotis alpestris é unha especie de planta herbácea da familia Boraginaceae e do xénero Myosotis.

Descrición A Myosotis alpestris mide de 5 a 30 cm de altura. Ten follas de elípticas a oblongas-lanceoladas, os talos van diminuíndo gradualmente a un pecíolo..

Os mericarpos, de 2 a 2,5 mm de lonxitude, son máis anchos no centro. Esta planta de flores azuis florece de xuño a agosto.

Taxonomía Myosotis alpestris foi descrita por F.W.Schmidt en 1794.

Etimoloxía

Myosotis: nome xenérico que deriva do grego: mys, myos, que significa "ratonciño" e otos, que significa "orella", aludindo á forma da folla nalgunhas das especies do xénero.

Distribución e hábitat A planta é orixinaria da Asia temperá e Europa.Myosotis alpestris, en Plants of the World Online, Board of Trustees of the Royal Botanic Gardens, Kew. Consultado o 4/2/2020.

Frecuente no sotobosque dos bosques de faias e abetos, pradrías finas, pedregais estabilizados, pastos finos dos Alpes, do sur do Jura e dos Pireneos. Altitudes: 1 400 a 3 100 metros, nas montañas do sur de Europa..

Esta planta resistente necesita un abastecemento importante de auga. que provén do derretemento da neve e tolera temperaturas moi baixas, ata −25. alt=Myosotis alpestre.|miniatura| Parte superior dunha inflorescencia de Myosotis alpestris.

Confusión A Myosotis alpestris pode confundirse facilmente con:

Myosotis sylvatica

Myosotis asiatica

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Belles fleurs de France : Myosotis alpestris INPN : Myosotis alpestris F.W.Schmidt, 1794 (TAXREF) Páxina web canope.ac-besancon.fr Páxina web FloreAlpes

Categoría:Boraginaceae Categoría:Flora de Galicia