Chinanu Onuaku, nado o 1 de novembro de 1996 en Lanham, Maryland, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Santeros de Aguada do Baloncesto Superior Nacional (BSN). Con 2,08 metros de estatura xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.
Traxectoria profesional O 23 de xuño de 2016, Onuaku foi seleccionado polos Houston Rockets na 37ª posición do Draft da NBA de 2015. O 20 de xullo de 2016, Onuaku asinou cos Rockets. O 26 de decembro de 2016, Onuaku debutou na NBA na vitoria dos Rockets por 131–115 contra os Phoenix Suns.
O 2 de agosto de 2018, os Rockets traspasaron a Onauku ós Dallas Mavericks a cambio dos dereitos de Maarty Leunen. Foi cortado polos Mavericks catro días máis tarde.
O 4 de setembro de 2018, Onuaku asinou cos Portland Trail Blazers. O 13 de outubro de 2018, foi cortado polos Trail Blazers.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados no condado de Prince George, Maryland Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores do KK Zadar Categoría:Xogadores do Bnei Herzliya Categoría:Xogadores do Dinamo Basket Sassari Categoría:Xogadores do Hapoel Tel Aviv BC Categoría:Xogadores do Joventut Badalona Categoría:Xogadores dos Santeros de Aguada