Severina Vučković, nada o 21 de abril de 1972 en Split, Croacia, é unha actriz e estrela da música pop croata. O seu nome artístico é simplemente Severina. O seu estilo ten influencias do cabaré. A carreira de Severina comezou en 1989, e é unha das artistas máis populares do seu país desde aquela. Gañou moitos festivais e os seus álbums alcanzaron altas vendas. Algunhas das súas cancións máis populares son "Kad si sam", "Dalmatinka", "Djevojka sa sela", "Ja samo pjevam", "Paloma Nera", "Virujen u te", "Ante", "Adio ljube", "Hrvatica", "Adam i Seva", "Moja štikla" e "Krivi spoj" . No ano 2005 Severina lanzou un álbum cos seus grandes éxitos.
En 2004 o seu nome viuse envolto nun escándalo sexual ao divulgarse por Internet un vídeo no cal ela e un home casado tiñan relacións sexuais. Causou sorpresa en Croacia xa que era ata entón un símbolo da modestia relixiosa, promovendo a abstinencia e a moral nas súas aparicións públicas, co que foi acusada de hipocrisía. Porén, posteriormente relanzou a súa imaxe internacionalmente, gañou o festival de Dora 2006 coa canción "Moja Štikla" e representou a Croacia no Festival de Eurovisión de 2006, quedando no posto 12º.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Severina 1089 Orfej RTZ Dalmatinka 1993 Croatia Records Trava zelena 1995 Croatia Records Moja stvar 1996 Croatia Records Djevojka sa sela 1998 Croatia Records Ja samo pjevam 1999 Croatia Records Pogled ispod obrva 2001 Croatia Records Severgreen 2004 Dallas Records Zdravo Marijo 2008 Dallas Records Dobrodošao u klub 2012 Dallas Records Halo 2019 Dallas Records
Notas
Categoría:Músicos de Croacia Categoría:Representantes de Croacia en Eurovisión Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Split