Crocosmia × crocosmiiflora é unha especie fanerógama do xénero Crocosmia, pertencente á familia Iridaceae.

É unha especie pouco común, naturalizada ao longo de camiños, a unha altitude de 1000–1480 metros; maleza amplamente distribuída en Centroamérica, introducida desde Suráfrica. Este é un híbrido desenvolvido do cruzamento entre Crocosmia pottsii (McNab ex Baker) N.E. Br. e Crocosmia aurea (Pappe ex Hook. f.) Planch. En Galicia está considerada como especie invasora.Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) [consultada o 28.07.2023] miniatura|Vista da planta. miniatura|Flor. miniatura|Detalle.

Descrición Son plantas que alcanzan un tamaño de 25–50 cm de alto. As follas linear-lanceoladas, de 30–50 cm de longo e 0.8–2 cm de ancho. Talo florífero ramificado, lixeiramente flexuoso, arqueado horizontalmente, espigas varias; brácteas de 6–10 mm de longo, flores alaranxadas, tubo do perianto lixeiramente encorvado, de 10–15 mm de longo; tépalos subiguais, lanceolados, 15–25 mm de longo e 6–9 mm de ancho, patentes; filamentos 15–22 mm de longo, anteras 6–8 mm de ancho. O froito é unha cápsula até 7 mm de longo e 9 mm de ancho; sementes xeralmente non viables.

Taxonomía O xénero foi descrito por (Lemoine) N.E.Br. e publicado en Transactions of the Royal Society of South Africa 20(3): 264. 1932.

Etimoloxía

Crocosmia: nome xenérico que deriva das palabras gregas: "krokos" que quere dicir azafrán, e "osme", que significa "cheirar". O por que do nome explícase cando se mergullan en auga quente follas secas desta planta, xa que estas emiten un forte cheiro similar ao do azafrán.

Sinonimia

Crocosmia × latifolia N.E.Br. Montbretia × crocosmiiflora Lemoine Tritonia × crocosmiiflora (Lemoine) G.Nicholson

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en The Plant List Ficha en IPNI (International Plant Names Index)

Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas descritas en 1851 Categoría:Plantas invasoras