Aspergillus nidulans (tamén chamado Emericella nidulans cando nos referimos á súa forma sexual ou teleomorfo) é unha especie de fungos filamentosos do filo Ascomycota. Foi un importante organismo modelo para o estudo da célula eucariota desde hai 50 anos, que se utilizou nunha ampla variedade de investigacións sobre recombinación xenética, reparación do ADN, mutación, control do ciclo celular, tubulina, cromatina, nucleocinese, patoxénese, metabolismo, e evolución experimental. É unha das poucas especies do seu xénero que pode formar esporas sexuais por meiose, permitindo o cruzamento de cepas no laboratorio. A. nidulans é un fungo homotálico, o que significa que pode autofertilizarse e formar corpos frutíferos en ausencia dun compañeiro de apareamento, pero a reprodución sexual heterotálica tamén é posible. Ten hifas septadas que forman un micelio branco e unha colonia de textura laúda. A cor verde das colonias de tipo silvestre ou salvaxe débese á pigmentación das esporas, pero mutacións na ruta da pigmentación poden producir esporas doutras cores.

Xenoma

O xenoma de A. nidulans secuenciouse nunha colaboración entre Monsanto e o Broad Institute. Unha secuencia cunha cobertura de 13× publicouse en marzo de 2003; a análise do xenoma anotado publicouse en Nature en decembro de 2005. Ten un tamaño de 30 millóns de pares de bases e predise que contén uns 9.500 xenes codificantes de proteínas distribuídos en oito cromosomas.

Recentemente, illáronse varias proteases similares ás caspases de mostras de A. nidulans coas cales se induciu a morte celular programada. Descubrimentos como estes teñen un papel clave na determinación da conservación evolutiva da mitocondria na célula eucariota, e no seu papel como antiga alfaproteobacteria.Gonçalves AP, Heller J, Daskalov A, Videira A, Glass NL. Regulated Forms of Cell Death in Fungi. Front Microbiol. 21 de setembro de 2017;8:1837. doi: 10.3389/fmicb.2017.01837. PMID 28983298; PMCID: PMC5613156.de Castro Pimentel Figueiredo B, de Castro PA, Dinamarco TM, Goldman MH, Goldman GH. The Aspergillus nidulans nucA(EndoG) homologue is not involved in cell death. Eukaryot Cell. 2011 febreiro;10(2):276-83. doi: 10.1128/EC.00224-10. Epub 3 de decembro de 2010. PMID 21131437; PMCID: PMC3067401.

Reprodución sexual A reprodución sexual ocorre de dous xeitos fundamentalmente diferentes. Un é o cruzamento ou sexo heterotálico, no cal dous individuos distintos contribúen cos seus núcleos, e o outro é por sexo homotálico ou autofertilización, na cal os núcleos derivan do mesmo individuo. A autofertilización en A. nidulans supón a activación das mesmas vías de apareamento características do sexo do cruzamento heterotálico, pero nun só individuo. A fusión de núcleos haploides ocorre en estruturas reprodutoras chamadas cleistotecios, nos cales o cigoto diploide sofre divisións meióticas para dar lugar a ascósporas haploides.

Uso en investigación farmacéutica

A anidulafunxina é un fármaco antifúnxico semisintético lipopeptídico da subclase da equinocandina B, derivado dun produto de fermentación de A. nidulans var. echinulatus cepa A 32204, descuberto en Alemaña en 1974; as equinocandinas desestabilizan a parede celular fúnxica inhibindo a síntese dun compoñente integral chamado glicano, pola inhibición non-competitiva do encima 1,3-β glicano sintase.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Xenoma de Aspergillus nidulans CADRE Fungal Genetics Stock Center

Categoría:Aspergillus Categoría:Organismos modelo