Modesto Moure, finado en Ourense en 1936, foi un poeta e xornalista galego que residiu boa parte da súa vida en Cuba.

Traxectoria No ano 1906 foi vicepresidente da delegación de Cienfuegos da Real Academia Galega. Segundo a súa necrolóxica en Vida Gallega a súa profesión foi a talla en madeira.

Pertenceu á xunta directiva da Juventud Artística Gallega en Cuba e director de escena da sociedade teatral Pro casa Curros Enríquez..

A súa obra poética, a maior parte en galego, publícanse nos periódicos cubanos Eco de Galicia, Heraldo de Galicia e Galicia. Tamén foi asiduo colaborador literario, a partir de 1932, da revista viguesa Vida Gallega e do xornal El Compostelano.

En 1934 retorna a Galicia coa súa familia establecéndose en Ourense. Faleceu nesa mesma cidade en 1936.

Tamén fixo o texto da canción galega Quen fora ese reiseñol do compositor Antonio Silva, partitura publicada no n.º 463 da revista Vida Gallega.

Como poeta utilizou os alcumes O Marqués d’a Venda Nova e Barón de Lestrove.

Obra

Poesía en galego Cantares d’o emigrado, (Eco de Galicia, La Habana, 4 de abril de 1920, p. 29). Morrendo a tarde, (Eco de Galicia, La Habana, 2 de mayo de 1920, p. 26). Terra como te vexo, (Heraldo de Galicia, La Habana, 23 de mayo de 1920, p. 6). O calvario d’o labrego, (Heraldo de Galicia, La Habana, 9 de enero de 1921, p. 11). Mirando o presente, (Heraldo de Galicia, La Habana, 26 de junio de 1921, p. 2). ¡Qué será?, (Galicia, 6 de agosto de 1922, p. 16). Aleluya, (Galicia, 16 de septiembre de 1922, p. 11). Foxa de neve, (Vida Gallega, Vigo, 10 de abril de 1932, p. 31). Floraina, (Vida Gallega, Vigo, 20 de abril de 1932, p. 13). Amanecer, Pastoral, (Vida Gallega, 20 de agosto de 1932, p. 20). Vento do mar, (El Compostelano, Santiago de Compostela, 19 de enero de 1933, p. 4). Xan de Reza, (Vida Gallega, 10 de mayo de 1934, p. 33).

Poesía en castelán

Soneto, (Vida Gallega, Vigo, 30 de abril de 1932, p. 20). Visión, (Vida Gallega, 10 de junio de 1932, p. 31). Mi bajel de ensueño, (Vida Gallega, 20 de noviembre de 1932, p. 26). Noche de hadas, (El Compostelano, Santiago de Compostela, 18 de enero de 1933, p. 4). Soneto, (Vida Gallega, 30 de abril de 1934, p. 9). Mis claveles, (Vida Gallega, 30 de abril de 1934, p. 25). En el puerto, (Vida Gallega, 20 de mayo de 1934, p. 27).

Artigos xornalísticos

El centro gallego en el quincuagésimo cuarto aniversario de su fundación, (Vida Gallega, 20 de abril de 1933, p. 26).

Notas

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1936 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Galegos de Cuba