María Lourdes Rodríguez Tovar, nada o 27 de setembro de 1902 e finada no Grove en febreiro de 1958,El Pueblo Gallego, 14-2-1958, p. 9. foi unha mestra galega.
Traxectoria Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Foi mestra interina de Viascón en marzo de 1926,El Progreso, 23-3-1926, p. 2. e ese mesmo ano aprobou as oposicións.El Progreso, 19-5-1926, p. 2. Foi destinada a escola das Filgueiras (A Capela) en xullo de 1927,El Diario de Pontevedra, 29-7-1927, p. 2. ao ano seguinte a Bermés (Lalín),El Noticiero Gallego, 18-6-1928, p. 2. e logo do seu matrimonio con Manuel Iglesias Constenla para a escola de Noalla, pola quenda de consortes. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu expediente de depuración.
Vida persoal Casou en Arbo co tamén mestre Manuel Iglesias Constenla en 1930.El Eco del Condado, 10-5-1930, p. 2.
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1958