Jesusemilore Talodabijesu "Semi" Ojeleye, nado o 5 de decembro de 1994 en Overland Park, Kansas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga no Valencia Basket da Liga ACB. Con 1,96 metros de estatura xoga nas posicións de ala-pivote e ala.

Traxectoria profesional Ojeleye foi seleccionado polos Boston Celtics na 37ª posición do Draft da NBA de 2017. Ojeleye debutou na NBA o 17 de outubro de 2017, na derrota dos Celtics por 102–99 contra os Cleveland Cavaliers.

O 6 de agosto de 2021, Ojeleye asinou un contrato dun ano cos Milwaukee Bucks.

O 10 de febreiro de 2022, os Bucks traspasaron a Ojeleye ós Los Angeles Clippers como parte dun traspaso entre catro equipos. O 26 de marzo de 2022, os Clippers cortaron a Ojeleye.

O 28 de xuño de 2022, Ojeleye asinou un contrato de dous anos co Virtus Bologna Lega Basket Serie A italiana e da Euroliga.

O 1 de xullo de 2023, o Valencia Basket da Liga ACB fichou a Ojeleye tras pagar trescentos mil euros ó Virtus Bologna.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados no condado de Johnson, Kansas Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores do Virtus Bologna Categoría:Xogadores do Valencia BC