Emilia Rivadeneira Valencia, nada en Quito o 13 de novembro de 1839 e finada na mesma cidade o 8 de setembro de 1916, foi unha gravadora ecuatoriana.
Foi a primeira muller que se dedicou ao gravado no seu país; retratou os personaxes máis senlleiros da súa época, e deseñou e gravou a primeira serie de selos postais ecuatorianos e a primeira moeda do sistema decimal.
Traxectoria Emilia Rivadeneira naceu no barrio de San Marcos, Quito, o 13 de novembro de 1839, filla de Dolores Valencia Vizcaíno e do tipógrafo e gravador Manuel Antonio Rivadeneira Heredia, de quen aprendeu desde nena a arte do gravado e o manexo do buril sobre diferentes materiais. Foi bautizada co nome de María Benigna Emilia Martina.Arcos González, L. (2021) . Páxina 69.
O seu primeiro traballo coñecido remóntase a 1856 e trátase da representación da imaxe da beata ecuatoriana Mariana de Jesús (1618-1645) incluída nunha biografía da virxe realizada por Jacinto Morán de Butrón, cando Emilia tiña soamente 17 anos.Arcos González, L. (2021) . Páxinas 72-73.Salazar Calle, G. (2017). "Una historia del grabado en Ecuador: Emilia Rivadeneira". En Cartón Piedra. Nº 277. 20 de febreiro.
Cara a 1912, elaborou outro gravado sobre o mesmo personaxe máis estilizado, que se utilizou para conmemorar o terceiro centenario do seu nacemento, en 1918. Nesta segunda representación de Mariana de Jesús, aparece nun segundo plano, como fondo, a Catedral de Quito e o Palacio de Carondelet.
Coñécese que o presidente do seu país García Moreno foi o seu mecenas, e que Emilia lle dedicou cinco dos seus gravados. Tamén se ocupou dos retratos doutros presidentes ecuatorianos de finais do século XIX. Igualmente, creou imaxes de varias virxes de gran devoción no seu país e traballou nas representacións de San Francisco de Asís e de Santo Antonio de Padua, na imaxe do papa León XIII e nos retratos de escritores da súa época.Arcos González, L. (2021) . Páxinas 73-75.
En 1872, Rivadeneira foi representante do seu país na Exposición Nacional de Lima, Perú, con gravados e miniaturas sobre marfil. Igualmente, participou con gravados en aceiro na Exposición Mundial Colombiana, celebrada en Chicago en 1893.
E 1875 encargouse do gravado dos planos de Quito realizado por Juan Bautista Menten. As pranchas orixinais do segundo e do terceiro mapa consérvanse na mapoteca da Chancelaría de Ecuador. Tamén colaborou no estudo de Enrique Vacas Galindo titulado Colección de documentos sobre límites ecuatoriano-peruanos, que recolle senllos gravados seus, de 1902 e 1903, sobre mapas do Vicerreinado do Perú e da Real Audiencia de Quito, elaborados orixinariamente no século XVIII.Arcos González, L. (2021) . Páxinas 82-85.
Como ilustradora, en 1876 colaborou coa publicación periódica La Luciérnaga no deseño da súa cabeceira, e en 1883 o xornal de Quito Los Principios publicou varios dos seus gravados. Entre outros, fixo tamén ilustracións para un tratado de esgrima, dous libros de xastraría.Arcos González, L. (2021) . Páxinas 79-80.
Vida persoal Emilia Rivadeneira viviu no barrio de San Marcos, en Quito. O 19 de xullo de 1863 casou con Pedro Héguy Wanderberg, con quen tivo unha filla, chamada Rosa Herminia.Arcos González, L. (2021) . Páxinas 69-70."La grabadora". En Boletín AFE No 15. Asociación Filatélica del Ecuador (2014). Páxina 14.
Cara a 1893, coñécese que vivía na rúa Flores, no centro de Quito, e que alí impartía clases de gravado.
O 8 de setembro de 1916 finou, aos 77 anos, como consecuencia dunha pneumonía.Arcos González, L. (2021) . Páxina 70.
Obra miniatura|270x270px|Moeda de 5 francos ecuatorianos (1858)., deseñada e gravada por Emila Rivadeneira."5 Francos". Numista.com Ata 1887, asinou os seus traballos como Emilia Rivadeneira, mais a partir de xullo daquel ano cambiou a ortografía do seu apelido a Ribadeneira, aínda que en varias das súas obras alternou tamén o seu nome de casada, Emilia Rivadeneira de Héguy, con E. R. de Héguy ou simplemente as súas iniciais: E. R.Arcos González, L. (2021) . Páxina 84.
Moeda de 5 francos
En 1858 encomendóuselle a Rivadeneira —que daquela tiña só 19 anos— o gravado da nova moeda de 5 francos que se cuñou ese mesmo ano na Casa da Moeda de Quito, nun primeiro intento de decimalizar o sistema monetario de Ecuador."La moneda de Emilia Rivadeneira". En Boletín AFE No 15. Asociación Filatélica del Ecuador (2014). Páxinas 25-26. O historiador numismático Melvin Hoyos, no seu traballo de 1998 sobre a historia numismática ecuatoriana, fala así deste traballo da gravadora:Hoyos, M. (1998). La Moneda Ecuatoriana a través de los tiempos. Ed. El Conejo. Páxina 112. ISBN 9789978871812Arcos González, L. (2021) . Páxina 75.
Selos postais A Emilia Rivadeneira débeselle tamén o deseño e o gravado da primeira serie de selos nacionais de Ecuador. O traballo levouse a cabo en 1864, en colaboración co seu pai, Manuel Rivadeneira, grazas a un contrato asinado entre este e o Goberno presidido por Gabriel García Moreno. En xaneiro de 1865 púxose en circulación o selo azul (medio real) e os selos verdes e amarelos (un real), en tanto que o vermello de catro reais se emitiu a mediados de 1866.Arcos González, L. (2021) . Páxina 78.Boletín AFE No 15. Asociación Filatélica del Ecuador (2014).
No Museo Numismático do Banco Central de Ecuador exponse unha representación desta primeira serie de selos ecuatorianos."Sellos postales". Numismatico.bce.fin.ec
No único escrito que se coñece asinado por ela, Emilia Rivadeneira fai unha defensa do seu labor como gravadora dos selos ante o Goberno:Arcos González, L. (2021) . Páxina 71.
Gravados
(1856) Representación de Mariana de Jesús. (1867) Retrato de Frei José María de Jesús Yerovi. (1876) Retrato de Gabriel García Moreno. (1880) Retrato de Emilia Serrano, baronesa de Wilson. (1883) Retrato do xeneral Francisco J. Salazar. (1887) Retrato de Antonio Flores Jijón. (1889) Retrato de Juan Montalvo. (1891) Retrato de Luis Cordero Crespo. (1896) Retrato de Manuel Cririboga Alvear. (1897) Retrato do papa León XIII. (1899) Representación de Santo Antonio de Padua. (1902) Mapa do Vicerreinado do Perú, de Andrés Baleato (1792). (1903) Mapa da Real Audiencia de Quito, de Francisco de Requena (1779). (1907) Representación da Dolorosa. (1912) Representación de Mariana de Jesús. Representación de Nosa Señora de Las Lajas. Representación de Nosa Señora do Quinche. Representación de Nosa Señora do Rosario de Agua Santa. Representación de San Francisco de Asís. Retrato de Juan José Flores. Representación de Santa Rita de Casia.
Honras Na súa memoria, unha rúa do sur de Quito leva o seu nome. Ademais, o 19 de marzo de 2015 emitiuse un selo de 5 dólares en conmemoración do primeiro selo postal do Ecuador, que amosa un retrato de Emilia Rivadeneira. Arcos González, L. (2021) . Páxinas 71-72. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Arcos González, L. (2021). Isabel de Santiago y Emilia Rivadeneira, artistas en una historia alternativa del arte ecuatoriano (traballo de licenciatura). Universidad de las Artes, Guayaquil. "Emilia Ribadeneira: artista". En El Comercio. 28 de xaneiro de 2017. "Emilia Rivadeneira, pionera en el grabado". En El Telégrafo. 20 de xaneiro de 2017.
Categoría:Nados en Quito Categoría:Nados en 1839 Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Personalidades da filatelia Categoría:Finados por pneumonía