Julian Haynes Steward, nado o 31 de xaneiro de 1902 e finado o 6 de febreiro de 1972, foi un antropólogo e arqueólogo estadounidense que creou o que el mesmo chamou o método da ecoloxía cultural.
Traxectoria Nado en Washington D.C., non mostrou especial interese pola antropoloxía até os dezaseis anos e ingresou no Deep Springs College de Serra Nevada, Estados Unidos de América, entidade encargada da formación de novos políticos. Neste ambiente entrou en contacto coas tribos indíxenas Shoshone e Paiute, o que espertou o seu interese pola antropoloxía. Comezou os seus estudos nesta disciplina na Universidade de Berkeley en 1925, graduándose en 1929 cun estudo sobre "pallasos cerimoniais" entre os indios americanos.
En 1935 Steward comezou a participar no Bureau of Indian Affairs do que obtivo importantes reformas para esta comunidade e realizou traballos arqueolóxicos tanto en América do Norte como América do Sur.
A súa principal contribución á antropoloxía son os seus estudos para revisar a teoría da evolución baixo o modelo de ecoloxía cultural e evolución multilineal presentado na súa obra Theory of Culture Change: The Methodology of Multilinear Evolution (1955).
Véxase tamén
Bibliografía Basin-Plateau Aboriginal Sociopolitical Groups (1938) Handbook of the South American Indians (1946-1950) Theory of Culture Change: The Methodology of Multilinear Evolution (1955) Cultural Causality and Law. A Trial Formulation of Early Civilization (1949)
Categoría:Nados en Washington, D.C. Categoría:Arqueólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Antropólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1972