Axel Thue (o apelido en noruegués é pronunciado [tʉː]) nado en Tønsberg, Noruega, o 19 de febreiro de 1863 e finado o 7 de marzo de 1922 foi un matemático noruegués, coñecido polo seu traballo orixinal de aproximación diofántica e combinatoria.
Traballo Thue publicou o seu primeiro artigo importante en 1909.
Afirmou en 1914 o chamado problema de palabras para semigrupos ou problema de Thue (tamén Semi-Thue) moi relacionado co problema de parada (halting problem).Ronald V. Book and Friedrich Otto, String-rewriting Systems, Springer, 1993, , p. 36.
O seu único estudante de doutoramento coñecido foi Thoralf Skolem.
A linguaxe de programación Thue leva o seu nome.
Publicacións
Thue, A. (1909), "Über Annäherungswerte algebraischer Zahlen", Journal für die reine und angewandte Mathematik, 1909 (135): 284–305, doi:10.1515/crll.1909.135.284, ISSN 0075-4102, S2CID 125903243
Thue, A. (1977) , "Über die gegenseitige Lage gleicher Teile gewisser Zeichenreihen", Selected Math. Papers of Axel Thue, Universiteitsforlaget: 67
Véxase tamén
Outros artigos Aproximación diofántica Ecuación de Thue Matemáticas e arte Matemáticas recreativas Programación esotérica Secuencia Thue–Morse Sistema Semi-Thue Teorema de Roth Teoría de números Teoría de grupos
Categoría:Finados en 1922 Categoría:Nados en 1863 Categoría:Matemáticos de Noruega Categoría:Teoría de números Categoría:Nados no condado de Vestfold og Telemark