Edgar Bertram Mackennal nado en Melbourne, Australia, o 12 de xuño de 1863 e finado en Torquay, Devon, Inglaterra, foi un escultor e medallista australiano coñecido polos seus deseños de moedas e selos postais británicos e dos seus territorios coa efixie do rei Xurxo V.
Mackennal foi o artista australiano de maior recoñecemento internacional do século XIX e de principios do século XX.Bertram Mackennal. The Fifth Balnaves Foundation Sculpture Project. Art Gallery of New South Wales. Páxina 2.
Foi un artista próximo á casa real británica e realizou estatuas de Vitoria, Eduardo VII e Xurxo V, tanto en Inglaterra como en Australia e na India Británica. Foi condecorado por Xurxo V como cabaleiro da Real Orde Vitoriana.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Bertram Mackennal naceu o 12 de xuño de 1863Forrer, L. (1930). Páxina 2. en Fitzroy, un suburbio de Melbourne, Victoria, o segundo fillo dunha familia orixinaria de Escocia. A súa nai era Annabella Hyde e o seu pai John Simpson Mackennal (1832-1901), un destacado artista e escultor de Melbourne.Hutchison. N. (1986).Serle, P. (1949). O irmán de Bertram, Horace John Mackennal, chegou a ser un destacado arquitecto, responsable do deseño de moitos grandes proxectos en Victoria, como director de obras nese estado."Obituary: Mr H. J. Mackennal". En The Argus. Melbourne, 1 de xullo de 1949. Páxina 9.
O seu pai, John Mackennal, proporcionoulle a Bertram a súa formación inicial, á que seguiron os estudos na Melbourne Model School, no King's College e na escola de deseño da Galería Nacional de Melbourne —a actual Galería Nacional de Victoria—, baixo a dirección de O. R. Campbell, á que asistiu entre 1878 e 1882.
Marshall Wood, un escultor inglés de visita en Australia en 1880, aconselloulle que viaxase a Europa e prometeulle un emprego. Daquela, Mackennal marchou a Londres en 1882, e ao chegar descubriu que Wood falecera; alí estudou nas escolas da Royal Academy, onde compartiu estudos con Charles Douglas Richardson e Tom Roberts. Logo desprazouse a París para recibir clases e asistir aos estudios de varios escultores. En 1884, ao recibir unha encarga para realizar unha escultura dun membro do exército británico, regresou a Londres, onde casou cunha compañeira de estudos, Agnes Spooner.
Carreira artística Logo do seu matrimonio, visitou Italia e novamente París, xunto coa súa esposa. Cando estaba nunha situación económica delicada, Mackennal foi nomeado xefe de modelaxe e deseño na compañía de porcelanas Coalport Potteries, no condado de Shropshire, a principios de 1886. Ese mesmo ano gañou un concurso para esculpir os relevos da fachada da Sede do Parlamento de Victoria en Melbourne, polo que regresou a Australia en 1887 para os executar, e instalou un estudio nesa cidade, en Swanson Street.
Durante a súa estadía en Australia, Mackennal acadou outras encargas, entre elas a figura sobre a porta da Cámara de Comercio de Melbourne. Mackennal tamén coñeceu a actriz teatral Sarah Bernhardt, quen lle aconsellou encarecidamente que abandonase Australia e regresase a París. Seguindo os seus consellos, Mackennal pediulle prestado diñeiro ao parlamentario Frank Stuart e chegou a París en 1891.
La Tete d'une Saint ("Cabeza dun santo") foi esculpida en 1892, pouco despois do seu regreso a París. A versión en mármore desta escultura, que representa unha muller contemporánea, exhibiuse no Salón de París de 1892, e coñécese tamén a existencia dunha única versión en bronce. En 1892, o xornal Argus informaba de que "o relevo en mármore, polo seu tamaño, é o mellor do seu xénero no Salón". En 1893 acadou o seu primeiro éxito cando a súa figura de corpo enteiro Circe, actualmente na Galería Nacional de Victoria, mereceu unha "mención" no Salón Antigo e suscitou un grande atención. Posteriormente expúxose na Royal Academy de Londres, en 1894, onde tamén espertou interese, o que confirmou a Mackennal como un dos escultores máis importantes do momento.
Foi o primeiro australiano que expuxo na Academia Real de Londres. A partir de aí comezaron a chegarlle as encargas privadas, entre elas as figuras Oceana e Grief para o Union Club de Sydney. Dúas encargas de Melbourne levárono novamente a Australia en 1901: o monumento ao baronete William Clarke nos Xardíns do Tesouro de Melbourne e as esculturas para o Springthorpe Memorial en Kew. miniatura|Medallas dos Xogos Olímpicos de Londres de 1908.|282x282pxFourth Olympiad 1908 London Official Report. British Olympic Association. 1909. Mackennal regresou despois a Londres e comezou a recibir encargas de organismos públicos, entre elas varias estatuas da raíña Vitoria para Inglaterra, a India e Australia. Entre as súas obras dese período están o fermoso frontón para a oficina da xunta do Goberno local en Westminster, un monumento conmemorativo da Guerra dos Bóers para Islington, Londres, e estatuas da raíña Vitoria para Ballarat, Lahore e Blackburn. En 1907 o seu grupo de mármore The Earth and the Elements ("A Terra e os elementos") foi adquirido para a Tate Gallery, de Londres, en virtude do legado Chantrey, e en 1908 a súa Diana Wounded ("Diana ferida") tamén foi comprada para os fondos nacionais. Grazas a este duplo éxito, Mackennal adquiriu unha gran notoriedade e en 1909 foi elixido membro asociado da Royal Academy de Londres, converténdose no primeiro australiano en recibir esta honra. Tamén deseñou as medallas dos Xogos Olímpicos de Londres de 1908.Forrer, L. (1930). Páxina 3.
En 1910, Mackennal deseñou a medalla da coroación do rei Xurxo V e tamén obtivo a importante encarga do deseño da cabeza do monarca para o anverso das novas moedas para o seu reinado de Xurxo V, a partir de 1911, sobre a base do cal do cal desenvolveu o novo deseño tamén para os selos postais británicos e doutros territorios de soberanía británica, que se converteron nos seus deseños máis perdurables.
A súa seguinte obra importante foi o monumento ao pintor Thomas Gainsborough en Sudbury, Suffolk, e posteriormente a tumba conmemorativa do rei Eduardo VII na capela de San Xurxo, no castelo de Windsor. Mackennal tamén esculpiu estatuas dos reis Xurxo V e Eduardo VII para Londres, Melbourne, Calcuta e Adelaida.
Mackennal foi nomeado membro da Real Orde Vitoriana en 1912, e en 1921 Xurxo V concedeulle o título de cabaleiro desa mesma orde, con motivo da inauguración da estatua euestre de Eduardo VII en Londres, o que o converteu no primeiro artista australiano en recibir o título de cabaleiro no Reino Unido. Tamén foi elixido membro de pleno dereito da Royal Academy en 1922.
En 1923 erixiuse en Londres o seu grupo pedimental de bronce titulado Phoebus Driving the Horses of the Sun ("Febo conducindo os cabalos do sol"), na Australia House, a misión diplomática de Australia na cidade.
Derradeiros anos En 1926 visitou Australia e Nova Zelandia, e en outubro dese mesmo ano expuxo nas Macquarie Galleries de Sydney, e logo volveu definitivamente a Inglaterra, onde continuou cunha abundante produción escultórica.
Entre as obras posteriores de Mackennal destacan a figura masculina espida Here I Am ("Aquí estou"), para o monumento de guerra do Eton College; o monumento de guerra a aos membros de ambas as cámaras do Parlamento do Reino Unidoo, en Londres; as figuras do soldado e o mariñeiro para o cenotafio de Martin Place, en Sydney; a estatua de bronce do rei Xurxo V na antiga sede do Parlamento, en Camberra, e a cabeza da Vitoria, regalada ao Goberno australiano polo artista, tamén en Camberra. Pouco antes da súa morte, completou o monumento conmemorativo do Corpo Montado do Deserto no Canal de Suez a partir dos deseños de Charles Web Gilbert.
Bertram Mackennal morreu repentinamente por mor dunha ruptura de aneurisma abdominal na súa casa, Watcombe Hall, preto de Torquay, en Devon, o 10 de outubro de 1931,"Sir Bertram Mackennal. Sudden Death". En The Argus. Melbourne, 13 de outubro de 1931. Páxina 7. e foi soterrado no cemiterio de Torquay."Sir Bertram Mackennal. Buried at Torquay". En The Argus. Melbourne, 16 de outubro de 1931. Páxina 7.
Os arquivos de Bertram Mackennal están conservados na Galería de Arte de Nova Gales do Sur."Bertram Mackennal archive". Art Gallery of NSW (Artgallery.nsw.gov.au).
Escolma de obras
Moedas
Selos postais
Escultura miniatura|286x286px|Circe (1893)."Circe 1893". National Gallery of Victoria (NGV.vic.gov.au).
Five Foolish Virgins, relevo (exposta en 1886). Relevos escultóricos no Parlamento de Melbourne (1887). Lyric poetry, Galería de Arte de Nova Gales do Sur (1888)."Lyric poetry 1888". Art Gallery of NSW (Artgallery.nsw.gov.au). Busto de Louis Buvelot, Galería Nacional de Victoria (1892)."Louis Buvelot 1892". National Gallery of Victoria (NGV.vic.gov.au). La Tete d'une Saint, busto en mármore e relevo en bronce (1892). Circe, figura en bronce, Galaría Nacional de Victoria (exposta en 1893). Plaqueta co busto de Sarah Bernhardt, Galería de Arte de Nova Gales do Sur (1893)."Sara Bernhardt (circa 1892-1893)". Art Gallery of NSW (Artgallery.nsw.gov.au). Truth, estatuíña de bronce, Galería de Arte de Nova Gales do Sur (1894)."Truth 1894". Art Gallery of NSW (Artgallery.nsw.gov.au). Salome, estatuíña en bronce, Galería de Arte de Nova Gales do Sur (ca. 1895)."Salome (circa 1895)". Art Gallery of NSW (Artgallery.nsw.gov.au). For She Sitteth on a Seat in the High Places of the City (Rahab), Localización descoñecida (exposta en 1895). Figura sobre a porta da Cámara de Comercio de Melbourne, en Collins Street. Frontón do novo edificio gobernamental en Whitehall, Westminster, Londres (1898)."Pediment ". Art and Arquitecture. The Courtauld Institute of Art (Artandarchitecture.org.uk). Busto de Nellie Melba, Galaría Nacional de Victoria (1899)."Melba 1899". National Gallery of Victoria (NGV.vic.gov.au). Figura sedente da Raíña Vitoria, Bronce, xardíns da embaixada británica en Bangkok (1900). Estatuas da raíña Vitoria en Ballarat, Lahore e Blackburn (ca.1901). Oceania, en University & Schools Club, Sydney Esculturas no monumento a John Springthorpe, cemiterio xeral de Boroondara, Kew, Melbourne (1901). Estatua de William John Clarke, Xardíns do Tesouro, Melbourne (1901). Victory, monumento á Guerra dos Bóer, entrada a Highbury Fields, Islington, Londres (1903)."Boer War memorial, Gloria ". Art and Arquitecture. The Courtauld Institute of Art (Artandarchitecture.org.uk). The Dancer, estatua de bronce de tamaño real, Galería de Arte de Nova Gales do Sur (1904)."The dancer (1904)". Art Gallery of NSW (Artgallery.nsw.gov.au). War (Bellona ou Victory), escultura no xardín do Monumento de Guerra Australiano, Camberra (1906). Madonna, Mármore, Galería de Arte de Nova Gales do Sur (ca. 1906)."Madonna (circa 1906)". Art Gallery of NSW (Artgallery.nsw.gov.au). Monumento a Peter Nicol Russell no cemiterio East Finchley, Londres e Universidade de Sydney (1906-1909). The Earth and the Elements, grupo de mármmore, Tate Gallery (exposta en 1907)."The Earth and the Elements". Tate Gallery (Tate.org.uk/).
miniatura|260x260px|Monumento á guerra en Blackburn, Lancashire, Inglaterra (1922).
Busto de William Howard Russell na cripta da Catedral de San Paulo de Londres (1907)."Monument to Sir William Howard Russell ". Art and Arquitecture. The Courtauld Institute of Art (Artandarchitecture.org.uk).
Diana Wounded, bronce, Tate Gallery (adquirida en 1908)."Diana Wounded c.1907". Tate Gallery (Tate.org.uk/). Sappho, estatuña en bronce, Galería de Arte de Nova Gales do Sur (ca. 1909)."Sappho (ca. 1909)". Art Gallery of NSW (Artgallery.nsw.gov.au). Lady Diana Duff Cooper, estatuíña en bronce, Galería de Arte de Nova Gales do Sur (ca. 1909-1918)."Lady Diana Duff Cooper (1909-circa 1918)". Art Gallery of NSW (Artgallery.nsw.gov.au). Tumba de Eduardo VII (con Edward Lutyens), capela de San Xurxo, Castelo de Windsor (encargada en 1910). Monumento nacional a Thomas Gainsborough, Sudbury, Suffolk. Apollo, no edificio Taplow Court, Buckinghamshire.