Emilio Rodríguez Fernández, nado en Celanova cara a 1885 e finado no mesmo concello o 1 de outubro de 1931, foi un médico e político galego.

Traxectoria Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1913.Gaceta de Galicia, 12-12-1913, p. 2. Médico da beneficencia municipal de Celanova. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Celanova en 1924. Presentou a dimisión en novembro de 1924 por incompatibilidade co delegado gobernativo do partido de Celanova.La Voz de la Verdad, 20-11-1924, p. 1. Cesou como alcalde en 1926. Finou en Celanova o 1 de outubro de 1931 con 46 anos.Galicia, 2-10-1931, p. 5. Galicia, 6-10-1931, p. 3.

Notas

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Alcaldes de Celanova Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Celanova Categoría:Nados en 1885

Categoría:Finados en 1931