Santa María de Gomariz é unha parroquia do concello de Leiro, a medio camiño entre O Carballiño e Ribadavia. Segundo o IGE en 2011 tiña 153 habitantes (78 homes e 75 mulleres).
Patrimonio A igrexa de Santa María de Gomariz, románica da segunda metade do século XII, está orientada cara ao río Avia. Tamén se atopa nesta parroquia a Casa dos Arias cun escudo timbrado con casco de fronte empenachado e orlado, divido en cinco cuarteis, os dous primeiros das familias Araúxo e Feixoo, e os de Soutelo e Salgado. A casa pertence na actualidade á familia Sánchez da zona de Pena da Barra.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Gomariz
Parroquias de Leiro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Leiro
Categoría:Parroquias de Leiro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María