José Francisco Canosa Martínez (Fran Canosa), nado en Vilagarcía de Arousa o 29 de agosto de 1983, é un xeólogo galego.

Traxectoria Doutorouse en xeoloxía pola Universidade de Oviedo. Adicouse principalmente ao ensino e divulgación xeolóxica, pero adícase tamén no ámbito profesional ao turismo xeolóxico poñendo en valor, a defensa e protección do patrimonio xeolóxico. Foi un dos impulsores do Proxecto do Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal (que abarca os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño), e que recibiu o recoñecemento da UNESCO.

Algunhas das rutas xeolóxicas que dirixiu Fran Canosa ao longo da súa traxectoria profesional foron as seguintes:

Xeoruta pola área xelóxica de Cabo Ortegal.

Xeorutas por Burela (xeoruta do Perdouro e xeoruta da Marosa)

Xeoruta pola praia de San Román, no Vicedo

Xeoruta dos Pregues en Ribadeo

Ademais, imparte charlas educativas sobre xeoloxía con asiduidade.

Obra

Notas

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Xeólogos de España Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo