A casa Bailly é unha mansión de estilo modernista localizada na vila galega do Graxal (O Temple, Cambre). Foi abandonada en 1981, e atópase nun estado completamente ruinoso.

Descrición A casa Bailly é unha vivenda modernista con dous corpos divididos en dúas alturas, de andar case cadrado, con faiado e soto. Orixinalmente a mansión, que posuía 22 habitacións, formaba parte dun complexo que se atopaba dentro dun terreo con 30.000 metros cadrados.La casa Bailly: desde el lujo hasta la ruina (22 de febreiro de 2021). Entrenosdigital.com. Contaba tamén cunha vivenda para o chofer e o xardineiro.

Os chans do primeiro andar tiñan uns luxosos mosaicos, parte dos cales aínda se conservan, e tamén se conservan algúns azulexos nas paredes. Actualmente a mansión é o único que aínda se mantén en pé do complexo.

Historia O complexo da casa Bailly construíuse entre 1920 e 1924 por encargo do empresario Julio López Bailly.La Casa Bailly de A Coruña: una historia de superviviencia arquitectónica (18-11-2020). El Español. Orixinalmente, a mansión foi concibida como un hotel de 22 dormitorios, mais finalmente usouse como residencia de veraneo. A casa deseñárona o arquitecto galego Antonio Tenreiro Rodríguez e o arquitecto valenciano Peregrín Estellés.El alcalde de Cambre propone que las casas Bailly sean sede oficial del Consorcio das Mariñas (01-07-2020). Cadena SER.

Por mor da súa ideoloxía republicana e de esquerdas, a familia Bailly viuse obrigada a abandonar Cambre após o triunfo en Galiza do golpe de Estado de 1936 e a mansión foi incautada pola Falanxe. O soto da casa usouse para recluír presos republicanos, así como Escola de Mandos do Movemento, e a partir do ano 1951 os seus andares superiores foron usados polo Sindicato Vertical.

En 1969 a mansión sufriu un incendio na súa á dereita por mor dun cigarro mal apagado,Los niños de las casas Bailly (18-07-2021). La Voz de Galicia. e en 1981 o complexo foi pechado e abandonado, iniciándose así a súa deterioración.

A ampliación da estrada N-VI causou a destrución da vivenda do chofer e o xardineiro, así como a varanda e mais o muro que delimitaba o terreo da mansión.

En 2012 a casa sufriu outro incendio, de novo por mor dun cigarro, sufrindo danos graves, como a caída de parte do tellado.Un incendio en las casas modernistas de O Seixal derrumba parte del tejado (30-08-2012). La Opinión A Coruña. Nese mesmo ano tabicáronse as entradas e xanelas do andar baixo para evitar que entrase máis xente,Cambre procederá a tapiar las casas de Bailly para evitar que sean ocupadas (31-08-2012). El Ideal Gallego. unha medida que resultou inútil, pois aínda continúan os actos vandálicos no interior da mansión.

En 2015, Cambre elaborou o Plan Xeral de Ordenación Municipal que outorgou ao conxunto o nivel de protección ambiental, o máis baixo dos previstos.Las casas Bailly, desprotegidas (23-08-2015). La Opinión A Coruña Fixéronse varios plans de restauración, mais ningún deles foi levado a cabo. O concello de Cambre estima que son necesarios uns 4 millóns de euros para restaurar a casa Bailly.Cambre pedirá colaboración a instituciones públicas para rehabilitar las casas Bailly (12-01-2017). La Opinión A Coruña.

Filmación de películas En outubro de 2011, na casa Bailly rodouse parte do filme Todo é silencio dirixido por José Luis Cuerda.

Notas

Bailly Categoría:Modernismo

Categoría:Cambre