A Lycaena virgaureae é unHa especie de lepidóptero ditrisio da familia Lycaenidae. Mide entre 18-20 mm. Os dous pares de ás do macho teñen unha cor alaranxada co bordo negro; as das femias son de cor máis escura.

miniatura|Lycaena virgaureae

Distribución Atópanse en Cantabria, os Pireneos, os Alpes, Europa central e oriental, Escandinavia, Rusia e Mongolia, entre os 1000 e 2000 msnm.

Historia natural As bolboretas voan entre os meses de xuño e agosto en chairas e montañas. A maior parte delas atópanse en bosques claros, veres e espazos abertos, con flores abundantes.

Os ovos invernan e eclosionan en abril. As eirugas viven até xuño entre as follas das cales se nutren, como as acedas.

Categoría:Lepidópteros de Asia Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758