Farmacia de guardia é unha serie emitida en España entre 1991 e 1995, ambientada no día a día dunha farmacia. Estaba protagonizada por Concha Cuetos, que interpretaba a Lourdes Cano, unha farmacéutica separada, e Carlos Larrañaga, Adolfo Segura, o exmarido desta. Os seus dous fillos, Guiller e Kike estaban interpretados por Julián González e Miguel Ángel Garzón respectivamente.

A serie actualmente ostenta o título de ser a serie máis vista da historia de España cunha media do 48% de share. Foi a primeira de produción propia de Antena 3, que a emitía os xoves pola noite, e estaba dirixida por Antonio Mercero. Logo foi emitida tamén en FDF e Castilla la Mancha Televisión.

Algúns datos O 28 de decembro de 1995 emitiuse o derradeiro episodio, de 50 minutos de duración, que causou unha grande expectación e acadou o 62.8% de cota de pantalla con 11 527 000 espectadores de media, e cun pico de audiencia de 13 850 000 espectadores no minuto en que Lourdes e Adolfo casaban nun soño de Fanny (filla adoptiva de Lourdes). Farmacia de guardia convertíase así no programa máis visto da televisión en España e na serie máis vista desde a chegada das privadas en 1990 ata a final de Operación Triunfo 2002.

O día 4 de xaneiro de 2006 como homenaxe á serie cando se cumpría unha década desde o final das súas emisións, Antena 3 programou de madrugada un especial que incluía a reposición do episodio 169 e último, e que, a pesar do horario, conseguiu impoñerse ós seus competidores e acadar 1 359 000 espectadores e un 25.6% de cota de pantalla.

Argumento principal O eixo principal da serie é a farmacéutica Lourdes Cano, arredor da cal xiran o resto dos personaxes. Ten dous fillos adolescentes: Guiller e Quique; e un exmarido afeccionado ó xogo e ás mulleres que sempre ten probelmas cos cartos, Adolfo Segura. Malia estar separados, segue habendo algo entre Adolfo Segura e Lourdes Cano, aínda que aparentemente son incapaces de non acabar discutindo sempre que están xuntos.

Ó longo das temporadas ambos aparecen con outras parellas (el máis ben relacións esporádicas, ela ten unha máis longa con Carlos) pero están en contacto diario case coma se seguisen sendo unha familia.

Todos estes personaxes practicamente fan a súa vida na "rebotica" da farmacia. Tamén cobraban grande protagonismo as dependentas que axudaban a Lourdes na farmacia: primeiro Pili (Maruchi León), máis tarde Reyes, á que tamén chamaban Queen (África Gozalbes) e finalmente Sandra (Emma Ozores), que estivera na serie desde o principio.

Tramas secundarias Á marxe destes protagonistas principais están: Os clientes da farmacia, entre os que se incluían actores españois de prestixio coma José María Caffarel, María Luisa Ponte, Luis Ciges, Luis Cuenca, Amparo Valle, Esperanza Grases, Diana Salcedo ou Carmen Rossi entre outros. A parella de policías formada por María de la Encarnación (María Garralón), que xa traballara con Mercero na serie Verano azul e Romerales (Cesáreo Estébanez), que fixeron famosa a frase de "para dentro, Romerales" que sempre lle dicía ela ó seu xefe no momento de saír da farmcia e que tamén deu título a un episodio. Os amigos de Guiller: Piña (Miguel Ángel Valcárcel) e Marmota (Iñaki Vallejo). Formaron parte do elenco durante toda a serie. As amigas de Lourdes: Catalina (Ángeles Macua), unha falsa vidente, e Begoña (Mercedes Alonso), compradora compulsiva. Tamén formaron parte da serie durante tódalas temporadas, con aparicións esporádicas. As rapazas do club de alterne que había en fronte da farmacia, encabezadas por Sandra, que acabou sendo dependenta da farmacia. O seu último mozo foi Chencho, camareiro dun bar proximo á farmacia interpretado por Ángel Pardo. Fanny (Alicia Rozas), que aparece coa súa nai, un antigo ligue de Adolfo que di que a nena é filla súa. Finalmente é adoptada por Lourdes e convértese nunha máis da familia. As mozas de Guiller (Estrellita, interpretada por Virginia Chávarri) e de Quique, María (María Adánez no seu primeiro papel televisivo) e outra posterior interpretada por Fátima Baeza, unhas das protagonistas de Hospital Central. O mozo durante un tempo de Lourdes e profesor do seu fillo Guiller, Carlos (Álvaro de Luna). Nos comezos da serie aparecía tamén o pai de Lourdes, Enrique (José Soriano) e a filla máis vella de Lourdes e Adolfo, Isabel (Eva Isanta), que desapareceron da serie sen máis.

Personaxes Principais Concha Cuetos - Lourdes Cano (farmacéutica) Carlos Larrañaga - Adolfo Segura (exmarido de Lourdes Cano) Julián González - Guillermo "Guiller" Segura Cano (fillo pequeno da parella) Miguel Ángel Garzón - Enrique "Quique" Segura Cano (fillo mediano de Lourdes e Adolfo) Alicia Rozas - Fanny, filla adoptada por Lourdes. Eva Isanta - Isabel Cano (filla máis vella de Lourdes e Adolfo que vive nas Canarias) Maruchi León - Pili (primeira auxiliar de farmacia) África Gozalbes - Reyes "Queen" (segunda auxiliar de farmacia) Emma Ozores - Sandra (chica de La gata con botas e terceira auxiliar de farmacia) Esperanza Grases - Doña Paquita (anciá clienta asidua da farmacia obsesionada co seu gato Alejandro II) Diana Salcedo - Doña Consuelito (anciá clienta da farmacia, case sempre acompañada de Doña Paquita) María Adánez - María (primeira moza de Quique) Cesáreo Estébanez - Sarxento Romerales María Garralón - María de la Encarnación (policía, compañeira de Romerales) Álvaro de Luna - Carlos (profesor de Guille e parella de Lourdes) Ángel Pardo - Chencho (camareiro do bar de enfronte) Ángeles Macua - Catalina (amiga de Lourdes) Mercedes Alonso - Begoña (amiga de Lourdes) Miguel Ángel Valcárcel - Piña (amigo de Guiller) Iñaki Vallejo - Marmota (amigo de Guiller)

Secundarios María Luisa Ponte - Dona Rosa (clienta da farmacia) Amparo Valle - Amparo (clienta da farmacia) Luis Ciges- Ricardo (cliente da farmacia) José María Caffarel - José María (cliente da farmacia) Amparo Moreno - Mariquilla (clienta da farmacia) Luis Cuenca - Posidio (cliente da farmacia) Resu Morales - (clienta da farmacia) Pepe Segura -Vendedor de cupóns Virginia Chávarri - Estrellita (moza de Guille) Caco Senante - (marido de Isabel) Teresa Cortés - Maximina (clienta da farmacia) Juana Cordero -Veciña e clienta da farmacia David Zarzo - Amigo de Quique Luis Cuenca - Posidio

Ademais, o propio director e creador da serie, Antonio Mercero, apareceu en varios episodios ó longo da serie. Tamén o fixeron algúns guionistas e membros do equipo técnico.

Lista parcial de capítulos por orde alfabética Al rey Melchor le duelen las muelas Amiga por correspondencia Amor a la carta Bombonas de Nochevieja Campanas de boda Carita de ángel Cerrado por amistad Chupi Calabaza Como una sílfide Con la ayuda del cielo Con las manos en la caja Con un par De pelo en pecho Doble o nada El apagón El as de bastos El beso de la muerte El caso de la mano negra El cilindrón El día de la madre El elixir de larga vida El espectáculo debe continuar El forúnculo El maletín El mejor amigo El mono con pelo El mono sin pelo El novato El regalo El señor de la limpieza El último mamífero Elemental, querido Guiller Enseñar al que no sabe Esta noche es Nochebuena Fanny vuelve a casa Felices Pascuas, Licenciada Cano Final de etapa Flor o Fusil Hijos Putativos Instruír deleitando La Venganza De Carapedo La boda de Adolfo La partida de mus La próstata con perdón Las camisetas Las novias autonómicas Limpia, fija y da esplendor Los Impolutos Los Inocentes Los Líos de Adolfo Los Visitantes Los rivales Madre no hay mas que una Mariló de Cádiz Moras y Cristianas Ni contigo ni sin ti No rompas esta cadena No te bebas la vida Números calientes Para dentro, Romerales Pelirrojas y Coprolitos Problema Pendiente Reality show Se busca a Papá Noel Sor Aleluya Tsu-Yen-Paté Tus amigos no te olvidan Un momento de dibilidad Un novio formal Un problema de la leche Una mejor que dos Vas a ser padre, Chencho Viaje a Ibiza para dos Zafarrancho de combate ¡Vaya Petardo! ¿Cuándo nos casamos, Reyes? ¿No es verdad ángel de amor?

Premios e candidaturas

Premios Ondas 1992: Mellor serie nacional.

TP de Ouro 1992 Premio á mellor serie nacional. Premio á mellor actriz para Concha Cuetos. Candidatura ó mellor actor para Carlos Larrañaga. 1993 Premio á mellor serie nacional. Premio á mellor actriz para Concha Cuetos. Premio ó mellor actor para Carlos Larrañaga. 1994 Premio á mellor serie nacional. Premio á mellor actriz para Concha Cuetos. Candidatura ó mellor actor para Carlos Larrañaga. 1995 Premio á mellor serie nacional. Premio ó mellor actor para Carlos Larrañaga. Candidatura á mellor actriz para Concha Cuetos. 1996 Candidatura á mellor serie nacional. Candidatura á mellor actriz para Concha Cuetos. Candidatura ó mellor actor para Carlos Larrañaga.

Unión de Actores 1993 Candidatura á mellor actriz protagonista de televisión para Concha Cuetos. Candidatura á mellor actriz secundaria de televisión para Maruchi León. Candidatura ó mellor actor secundario de televisión para Cesáreo Estébanez. 1994 Premio ó mellor actor secundario de televisión para Cesáreo Estébanez. Candidatura á mellor actriz protagonista de televisión para Concha Cuetos.

Fotogramas de plata 1993 Premio á mellor actriz de televisión para Concha Cuetos. Candidatura á mellor actriz de televisión para María Luisa Ponte. Candidatura ó mellor actor de televisión para Carlos Larrañaga.

Premios ADIRCAE 1993: Premio ó mellor director para Antonio Mercero.

Véxase tamén Ligazóns externas IMDb Quidsweb Ficha da serie

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Farmacia de guardia Categoría:Series de televisión de Antena 3