Henri de Toulouse-Lautrec, nado en Albi o 24 de novembro de 1864 e finado en Saint-André-du-Bois o 9 de setembro de 1901, foi un pintor, impresor e ilustrador francés.

Traxectoria

Mocidade Henri Marie Raymond de Toulouse-Lautrec Montfa naceu en Albi, Tarn, na rexión francesa dos Mediodía-Pireneos. Foi o primeiro fillo do Conde Alphonse e a Condesa Adèle de Toulouse-Lautrec, unha familia de orixe aristocrática que estaba a pasar momentos difíciles. Os Toulouse-Lautrec eran curmáns entre si, o que fixo que Henri sufrira unha serie de enfermidades conxénitas. No 28 de agosto de 1867 naceu outro fillo do matrimonio, pero non conseguiu sobrevivir ás primeiras semanas de vida.

Desfiguración Ós 13 e 14 anos, Henri partiu os seus dous fémures. Os ósos non conseguiron soldar completamente debido a unha desorde xenética que lle provocara osteoporose, o que fixo que as súas pernas cesasen de crecer, chegando só medir 1,52 m de alto debido a isto.

miniatura|180px|esquerda|La Goulue chegando ó Moulin rouge. Fisicamente incapacitado para participar nas actividades normais dun home da súa idade, Toulouse-Lautrec concentrouse na arte, converténdose así nun importante pintor postimpresionista, ilustrador da Art Nouveau e litógrafo.

Véxase tamén

Impresionismo Postimpresionismo

Categoría:Posimpresionismo Categoría:Pintores de Francia Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1901 Categoría:Pintores do século XIX Categoría:Nados no departamento de Tarn Categoría:Finados por sobredose