Manuel Rivas Rey, nado en Forcarei o 29 de xullo de 1914 e finado na Fonsagrada o 31 de outubro de 1937, foi un canteiro e militar galego.
Traxectoria Fillo de José Rivas e Manuela Rey. Canteiro afiliado á UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sarxento do Batallón 219 no Exército Popular da República en Asturias.Ficha de Maximino Diaz Bugallo Coa caída da fronte norte tratou de retornar a Galicia cun grupo de dezaseis anarquistas do Batallón Galicia comandados por José Moreno Torres. A noite do 29 ao 30 de outubro de 1937 chegaron ao porto do Acevo, na Fonsagrada, nos límites de Asturias e Galicia. Alí fixeron noite en dous grupos en dúas tabernas. O grupo de nove que durmía na taberna máis internada en Galicia no que estaban Manuel Rey e Maximino Díaz Bugallo foi sorprendido por falanxistas e gardas civís da zona, que os capturaron e executaron sumariamente. O outro grupo, alertado polos disparos, non foi sorprendido; enfrontáronse aos atacantes e mataron un falanxista á unha da madrugada do día 30 de outubro. Despois dun breve tiroteo escaparon pola parte posterior da casa e internáronse no monte. Foi soterrado nunha fosa común do cemiterio da Fonsagrada.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Buscan a la familia de un republicano de Forcarei enterrado en una fosa común en A Fonsagrada Ficha en Memoria Democrática Ficha en Tabeirós-Montes
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Forcarei Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1937