Eumedonia eumedon (sin. Aricia eumedon) é unha bolboreta da familia Lycaenidae, subfamilia Polyommatinae e tribo dos Polyommatini (Esper, 1780).
Distribución Atópase distribuída na zona paleártica.
Descrición É unha pequena bolboreta que ten dimorfismo sexual: a parte superior do macho é de cor gris máis ou menos escura cunha franxa branca; a da femia é de cor marrón con algunhas manchas de cor laranxa submarxinais nas ás posteriores tamén cunha franxa branca. O reverso é de cor beixe cun negrón difuso decorado cunha liña submarxinal de puntos amarelos alaranxados aliñados cunha fila de puntos negros rodeados de branco.
Ten unha envergadura de 26-30 mm. Os adultos voan de maio a agosto, dependendo da localización.
As eirugas aliméntanse de especies de Geranium e Erodium.
Taxonomía Esta bolboreta foi incluída nos xéneros Plebejus, Plebeius, Polyommatus e Aricia, pero os estudos moleculares recentes demostraron que Eumedonia é un xénero válido, diferente aos anteriores xéneros mencionados.http://www.asturnatura.com/especie/aricia-eumedon.html Aricia eumedon http://www.lepiforum.de/lepiwiki.pl?Aricia_Eumedon Aricia eumedon
Sinónimos
Aricia eumedon (Esper, 1780) Plebeius eumedon (Esper, 1780) Plebejus eumedon (Esper, 1780) Papilio chiron (Rottemburg, 1775)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biodiversidad Virtual: Aricia eumedon Moths and Butterflies of Europe and North Africa: Aricia eumedon (inglés) European Butterflies and Moths: Aricia eumedon Eurobutterflies.comː Eumedonia eumedon (inglés)
Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1780