O proteína do protooncoxene MYC, c-Myc, c-myc ou factor de transcrición bHLH é unha proteína que en humanos está codificada no xene MYC do cromosoma , que é membro da familia myc de factores de transcrición. A proteína contén o motivo estrutural hélice básica-bucle-hélice (bHLH).

Función

Este xene é un protooncoxene e codifica unha fosfoproteína nuclear que ten un papel na progresión do ciclo celular, apoptose e transformación celular. A proteína codificada forma un heterodímero co factor de transcrición relacionado MAX. Este complexo únese á secuencia consenso do ADN E box e regula a transcrición de xenes diana específicos. A amplificación deste xene obsérvase frecuentemente en numerosos cancros humanos. As translocacións que afectan a este xene están asociadas co linfoma de Burkitt e co mieloma múltiple en pacientes humanos. Hai evidencias que mostran que a tradución se inicia tanto desde un codón non AUG (CUG) augas arriba en pauta coma desde un codón de iniciación AUG, o que ten como resultado a produción de dúas isoformas con distintos N-terminais.Homo sapiens MYC proto-oncogene, bHLH transcription factor (MYC), transcript variant 1, mRNA. NIH Gen Bank. NM_002467.6

Como diana de fármacos Baixo circunstancias normais, c-Myc, por medio do seu dominio bHLHZip, heterodimerízase con outros factores de transcrición con MAD, MAX e MNT. Os dímeros Myc/Max activan a transcrición de xenes, mentres que os dímeros Mad/Max e Mnt/Max inhiben a actividade de Myc. c-MYC sobreexprésase na maioría dos cancros humanos e esta sobreexpresión orixina unha proliferación de células cancerosas.

Preparouse unha forma recombinante de c-Myc chamada Omomyc, na cal están mutados catro residuos. Omomyc heterodimerízase con c-Myc e inhibe a actividade transcricional de c-Myc. Cando a liña celular de cancro de ratos NIH3T3 se trata con Omomyc, este inhibe a proliferación. Nun modelo de ratos de cancro no cal as células de cancro foron modificadas por enxeñaría xenética para que expresasen condicionalmente Omomyc, observouse que Omomyc causaba a regresión do tumor, o cal estaba acompañado pola proliferación reducida e un incremento da apoptose do tecido tumoral.

Omomyc mostra unha alta afinidade por MAX (proteína X asociada a Myc) e para as secuencias de ADN do elemento da caixa amplificadora CACGTG, o que ten como resultado o desacoplamento da proliferación celular da regulación normal por factores de crecemento e contribúe a moitas das marcas distintivas fenotípicas do cancro. Omomyc tamén pode unirse a monómeros de MYC e impedir que este entre no núcleo.

A miniproteína Omomyc producida por recombinación desenvolveuse como fármaco (OMO-103) e actualmente está en ensaios clínicos.

Notas

Bibliografía

Categoría:Oncoxenes Categoría:Factores de transcrición