Pablo Valcarce Vidal, nado en Ponferrada o 3 de febreiro de 1993, é un futbolista español que xoga como extremo dereito e dianteiro. É irmán xemelgo do tamén futbolista Luis Valcarce, lateral esquerdo do Avilés.

Traxectoria

Numancia Formouse como futbolista no principal club do seu Bierzo, natal, a Ponferradina. En 2011 debutou co filial na Terceira División, antes de ingresar xunto ao seu irmán xemelgo Luis no equipo xuvenil do Numancia. Na tempada 2012/13 subiu ao Numancia B e na segunda parte da campaña fíxose coa titularidade. O 30 de xaneiro de 2015, tanto el como o seu irmán Luis renovaron o seu contrato co club soriano ata 2017. Debutou co primeiro equipo en Segunda División o 15 de marzo do mesmo ano, nunha derrota por 4-0 diante do Valladolid onde substituíu nos minutos finais a Javier del Pino.

O 23 de agosto marcou o seu primeiro gol na categoría de prata, conseguindo o quinto tanto do seu equipo na goleada por 6-3 sobre o Tenerife. Seis días despois, marcou dous goles máis na vitoria por 3-2 ante o Girona FC.

En xaneiro de 2016 asinou o seu primeiro contrato profesional, ascendendo definitivamente ao primeiro equipo e recibindo o dorsal número 20. Acabou a campaña con 7 goles, cifra que mellorou na seguinte campaña, con 8 dianas. A 2017/18 foi a súa última tempada no Numancia e pechouna disputando a promoción de ascenso á Primeira División, onde o equipo caeu eliminado na final ante o Valladolid. Xogou un total de 104 paritdos co primeiro equipo do club soriano, nos que marcou 19 goles.

Mallorca En xullo de 2018, tras rematar o seu contrato co Numancia, asinou por catro anos co Mallorca, tamén de Segunda.El RCD Mallorca ficha a Pablo Valcarce hasta 2022 (RCD Mallorca sign Pablo Valcarce until 2022); RCD Mallorca, 2 July 2018 (in Spanish) Con todo, xogou só dez partidos durante a tempada (12 contando a Copa do Rei), e contribuíu cun gol ao ascenso do equipo de Vicente Moreno á Primeira División.

Non chegou a debutar na máxima categoría, pois para a tempada 2019/20 regresou á Ponferradina, nunha cesión por un ano que finalmente foi ampliada a dous. Durante ese tempo disputou un total de 73 partidos co club berciano, anotando 10 goles.

Burgos En agosto de 2021, despois de rescindir o seu contrato co Mallorca, incorporouse ao Burgos, equipo que viña de ascender á Segunda División. Xogou 77 encontros co equipo burgalés durante dúas tempadas, marcando na primeira delas 10 goles, a cifra máis alta da súa carreira.

Deportivo da Coruña No verán de 2023 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña, da Primeira Federación. Debutou na segunda xornada ante o Lugo e dúas semanas despois marcou o único gol do Deportivo no empate ante o Unionistas. Aínda que dispuxo de oportunidades no treito inicial da campaña, disputando como titular cinco partidos, o seu escaso rendemento fixo que acabase por desaparecer das aliñacións de Imanol Idiakez e que non xogase ningún minuto dende decembro ata maio, cando o equipo xa conseguira o obxectivo do ascenso a Segunda. En xuño o club anunciou a rescisión do seu contrato, pechándose a súa etapa no club cun total de 19 partidos, 17 deles como titular, e 2 goles.

UD Logroñés En xaneiro de 2025, despois de medio ano sen equipo, fichou pola UD Logroñés, da Segunda Federación.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Primeira, a Segunda e a Segunda División B e final de campións de Primeira Federación.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesNumancia B2012/13Terceira313 - - - -3132014/15Terceira54 - -62116Total club3670062429Numancia2014/15Segunda2000 - -202015/16Segunda34700 - -3472016/17Segunda36810 - -3782017/18Segunda2941010314Total club10119201010419Mallorca2018/19Segunda10120 - -121Ponferradina2019/20Segunda33510 - -3452020/21Segunda38510 - -395Total club711020007310Burgos2021/22Segunda 38 10 00 - - 38102022/23Segunda 37 0 20 - - 390Total club751020007710Deportivo da Coruña2023/241ª RFEF15220 - -172UD Logroñés2024/252ª RFEF30 - - - -30Total carreira 311 49 1007 2 32851

Palmarés Deportivo da Coruña Primeira Federación (1): 2023/24.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Ponferrada Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do Burgos CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña