O Inmaculado Corazón de María é unha devoción católica usada para referirse á vida interior da Boaventurada Virxe María, os seus gozos e tristezas, as súas virtudes e a súa perfección e, sobre todo, o seu purísimo amor por Deus Pai, o seu amor maternal por Xesús e polos homes.Bainvel, Jean. "Devotion to the Immaculate Heart of Mary". The Catholic Encyclopedia. Vol. 7. Nueva York: Robert Appleton Company, 1910. 20 de decembro de 2012

Historia O corazón de María é mencionado especificamente na Biblia.Evanxeo segundo san Lucas, capítulo 2, versículos 19 e 51 Esta devoción é mencionada por san Gregorio Taumaturgo, Pai da Igrexa do século III, por Teodoto de Ancira, do século V, e polo teólogo bieito Ruperto de Deutz, do século XII.

No século XVII, o sacerdote francés san Xoán Eudes escribiu as primeiras obras sobre o Corazón de María. A mediados do século XVII fundou a Congregación de Jesús e María para relixiosos, a Orde da nosa Señora da Caridade do Refuxio para relixiosas e a Sociedade do Corazón de María Admirable para segrares.

San Antonio María Claret fundou en 1859 a Congregación de Misioneiros Fillos do Inmaculado Corazón de María en España. Teófilo Verbist fundou en 1862 a Congregación do Inmaculado Corazón de María en Bélxica.

En 1917, nas aparicións de Fátima, Portugal, a Virxe María apareceuse a tres nenos pastores, Jacinta Marto, Francisco Marto e Lúcia dos Santos. Contoulles sobre a difusión da devoción ao Inmaculado Corazón de María e do rezo do rosario para solucionar os graves problemas aos que se enfrontaba o mundo. Tamén dixo que volvería para pedir a consagración de Rusia ao Inmaculado Corazón. En 1929 a Virxe volveu aparecerse a Lucía dos Santos, un do tres videntes de Fátima, en Tui, e díxolle que chegara o momento de que o papa realizase a consagración en unión con todos os bispos do mundo.

Orixe A devoción ao Sagrado Corazón de Xesús e ao Inmaculado Corazón de María están moi estendidas no catolicismo.

Despois do Nacemento de Cristo, os pastores adoraron ao Neno no portal de Belén. Entón a Biblia di que "María atesouraba todas estas cousas, meditándoas no seu corazón". Posteriormente, tras a presentación de Jesús, o primoxénito (e unixénito) home, no Templo de Xerusalén, un ancián chamado Simeón recoñeceu o neno, dixo que era a Salvación e profetizou a Paixón de Cristo á Virxe María dicindo "unha espada atravesarache a alma a fin de que queden ao descuberto as intencións de moitos corazóns" (Lucas 2:35). Por iso, este corazón represéntase a miúdo cun puñal ou con sete, xa que é o número bíblico da plenitude e tamén está na devoción das sete dores da Virxe María.

O Inmaculado Corazón tamén se representa ás veces cunha coroa de rosas.

Aparicións dereita|miniatura|Primeira imaxe da Virxe de Fátima no seu santuario, realizada segundo a descrición dos videntes A Primeira guerra mundial tivo lugar entre 1914 e 1918 na que participou Portugal que, daquela, tiña un goberno laicista; e, en febreiro de 1917, tivo lugar unha revolución en Rusia, que desembocou en outubro dese mesmo ano no primeiro goberno comunista da historia.

Aparicións en Fátima O 13 de maio de 1917, tres pastores, Lúcia dos Santos, Francisco Marto e Jacinta Marto, afirmaron que a Virxe María se lles aparecera en Fátima (Portugal). De novo, o 13 de xuño, notificaron unha segunda aparición na que, supostamente, díxolle a Lucía que ela propagaría polo mundo a devoción ao Inmaculado Corazón. O 13 de xullo de 1917, nunha suposta terceira aparición, mostroulles unha visión do Inferno e díxolles que quería salvar ás almas coa oración e a devoción ao Inmaculado Corazón. Tamén se mencionou unha frase referida á "noite iluminada" que, os crentes, relacionaron cunha aurora boreal que puido presenciarse en toda Europa, o norte de África, Norteamérica e Australia a noite entre o 25 e o 26 de xaneiro de 1938, un ano antes da Segunda guerra mundial (1939-1945).

De novo, menciónase outra aparición da Virxe María o 13 de agosto de 1917, pero os nenos non puideron acudir porque o alcalde tíñaos presos para evitar que se propagase esa devoción. E, supostamente, fóronse sucedento novas aparicións aos cativos o 19 de agosto, o 13 de setembro e, de novo, o 13 de outubro, na que a Virxe volveu dicir que se rezase o rosario. As súas últimas palabras nas aparicións de 1917 foron: "Non ofendan máis a Deus, que xa está moi ofendido".

Aparicións en Pontevedra En 1925, Lucía, fíxose monxa dorotea en Galicia. Atopándose no convento das doroteas de Pontevedra, o 10 de decembro de 1925 sor Lucía, afirmou ter unha visión do neno Xesús e da Virxe María co seu corazón rodeado de espiñas. Pouco despois, en 1927, sor Lucía escribiu que a Virxe, naquela aparición, especificáralle en que consistía a comuñón dos primeiros sábados, coas seguintes palabras:

O 13 de xuño de 1929, atopándose no convento das doroteas de Tui, sor Lucía declarou que tivera unha visión da Santísima Trindade e da Virxe María. Segundo sor Lucía, a Virxe díxolle:

En 1931, Xesús aparecéuselle a Lucía e díxolle que fixese saber aos seus ministros que, en vista de que seguían o exemplo do rei de Francia, na dilación da execución da petición, tamén o haberían de seguir na aflición. Isto faría referencia a que o rei de Francia negárase a consagrar o seu país ao Sagrado Corazón de Xesús cando isto foi pedido pola vidente Margarita María de Alacoque en 1689 e a que 100 anos despois caeu a monarquía francesa.

En 1937, o bispo José Correira da Silva enviou unha carta a Pío XI onde mencionaba a petición da consagración de Rusia ao Inmaculado Corazón.

Regreso a Portugal En 1948, Lucía regresou a Portugal e ingresou no Convento de Santa Teresa, de carmelitas descalzas, en Coimbra onde foi entrevistada polo sacerdote Agustín Fontes, o 26 de decembro de 1956. Cando regresou a México deu unha conferencia na que relatou o que lle dixo sor Lucía. Segundo Fontes, nesta entrevista ela mostrouse desanimada, e dixera que o demo estaba a librar unha batalla decisiva contra a Virxe e que o rezo do Rosario e a devoción ao Inmaculado Corazón de María eran os últimos remedios que Deus ía dar ao mundo e que, por conseguinte, xa non ía haber outros.

Festividade O Misal Romano posterior ao Vaticano II, de 1969, trasladou a festa do Inmaculado Corazón ao día posterior ao Sacro Corazón de Jesús, que oscile entre o 30 de maio e o 3 de xullo.

Notas

Categoría:Advocacións da Virxe María Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia