Coenonympha pamphilus é unha bolboreta da familia Nymphalidae, subfamilia Satyrinae.http://www.ukbutterflies.co.uk/species.php?species=pamphilus Coenonympha pamphilushttp://www.biodiversidadvirtual.org/insectarium/Coenonympha-pamphilus-Linnaeus-1758-346-cat5874.html Coenonympha pamphilushttp://www.eurobutterflies.com/sp/pamphilus.php Matt Rowlings

Descrición

Distribución e características Especie de ampla distribución que aparece en todo o Paleártico (Eurasia e Norte de África). Na Península Ibérica ocupa practicamente todas as súas áreas xeográficas.

Pode ser atopada nunha ampla variedade de hábitats. Selecciona áreas máis secas que outras especies de Coenonympha.

Presenta varias xeracións anuais, voando de febreiro a novembro na Península Ibérica; en Gran Bretaña, por exemplo de maio a outubro. As eirugas, que se alimentan de distintas especies de gramíneas (Poa annua, Dactylis glomerata, Festuca rubra, Agrostis sp., etc), son verdes con liñas laterais brancas. A crisálide é verde. Dependendo da latitude de distribución poden ter unha soa xeración anual (no norte de Eurasia) ou varias (no sur). Inverna en forma de eiruga. Os adultos ou imagos aliméntanse de varias fontes de néctar, en especies dos xéneros (entre outros): Rubus spp., Ranunculus spp., Succisa spp., Pulicaria spp., Stellaria spp., Anthyllis spp., etc.

Subespecieshttp://www.funet.fi/pub/sci/bio/life/insecta/lepidoptera/ditrysia/papilionoidea/nymphalidae/satyrinae/coenonympha/index.html

C. p. lyllus Esper, 1806 C. p. marginata Heyne, 1894 C. p. ferghana Stauder 1924 C. p. nitidissima Verity 1924 C. p. asiaemontium Verity 1924 C. p. fulvolactea Verity 1926 C. p. centralasiae Verity 1926 C. p. infrarasa Verity 1926 C. p. juldusica Verity 1926 C. p. rhoumensis Harrison 1948

Notas

Véxase tamén Bibliografía Martín Alzás, M. 2007. Mariposas de Extremadura. Universitas Editorial ISBN 978-84-88938-80-0

Ligazóns externas http://www.ukbutterflies.co.uk/species.php?species=pamphilus http://www.biodiversidadvirtual.org/insectarium/Coenonympha-pamphilus-Linnaeus-1758-346-cat5874.html Sitio de especies Butterfly Conservation Imágenes de Small Heath Small Heath, Moths and Butterflies of Europe and North Africa

Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758