Arde Bogotá é un grupo musical español de rock alternativo formado en Cartaxena, Murcia, en 2017. Está formado por Antonio García, Dani Sánchez, Pepe Esteban e José Ángel Mercader.

A súa música foi definida como de produción coidada e intensidades sonoras potentes, con letras a miúdo incisivas e unha gran carga de forza e sentimento. Entre as súas influencias, adoitan salientar bandas como Arctic Monkeys, Foo Fighters ou Héroes del Silencio. A súa actuación en directo consolidouse como un aspecto fundamental no progreso da banda.

O seu segundo álbum de estudio, Cowboys de la A3, publicado en 2023, entrou directamente no número 3 das listas de vendas de España. Ese mesmo ano foron nomeados a dous premios nos Latin Grammys, nas categorías de Mellor Álbum de Rock e Mellor Canción de Rock.

Notas

Categoría:Grupos musicais da Rexión de Murcia Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais formados en 2017