José Luís Blanco Diéguez, nado en Limiñón (Chantada) en 1970, é un empresario galego.
Traxectoria Estudou Enxeñaría Industrial en Vigo. Comezou a traballar en 1993 nas Industrias Ferri de Gondomar, de aí pasou a Gamesa, en 2012 a Acciona e foi nomeado CEO da súa filial de fabricación eólica. En 2017 converteuse en primeiro executivo da alemá Nordex Group.
En 2022 foi nomeado o mellor CEO de grande empresa da Alemaña polo instituto financeiro Obermatt.
En 2023 foi nomeado presidente de WindEurope, a patronal da enerxía europea.
En 2024 foi un dos "Lucenses do ano". En 2025 foi o pregoeiro da Feira do Viño de Chantada.
Notas
Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1970 Categoría:Empresarios do sector enerxético