A Melanargia galathea é unha especie de lepidóptero ditrisio da subfamilia Satyridae propia de Europa e Norte de África até Irán.
Descrición Os machos teñen unha envergadura duns 53 milímetros, e as femias, duns 58. As ás son brancas con manchas negras moi marcadas que debuxan un patrón axadrezado. A especie deu lugar a unha serie de variedades cromátidas e razas xeográficas.http://www.asturnatura.com/especie/melanargia-galathea.html Melanargia galatheahttp://www.eurobutterflies.com/sp/galathea.php Melanargia galathea Voa desde o nivel do mar até os 1600 metros.
Os adultos aparecen normalmente en xuño ou xullo, ocasionalmente fin de maio a principios de setembro en cotas máis elevadas. Período de voo univoltino. A femia pon os ovos, os cales deixa caer en voo, sobre a vexetación que será o alimento das larvas.
Son atraídos polas flores de Centaurea, Cirsium, Carduus e Scabiosa.
Especies ibéricas semellantes Na Península Ibérica voan nos seus diferentes territorios outras catro Melanargia:
Melanargia lachesis Melanargia occitanica Melanargia ines Melanargia russiae
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas UK Butterflies - Marbled White - Melanargia galathea (en inglés) Butterflies of Europe - Melanargia galathea (en inglés)
Categoría:Lepidópteros de África Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia