Diego Gómez Pérez, nado en Amoeiro o 31 de xullo de 2004, é un futbolista galego, que xoga como extremo no Huesca, da Primeira Federación, cedido polo Deportivo da Coruña.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no se Amoeiro natal, sendo o seu primeiro equipo o Santa Teresita de Ourense. Despois de dúas tempadas no Pabellón, en 2019 ingresou na canteira do Deportivo da Coruña. Militou un ano no equipo cadete do club, antes de pasar ao conxunto xuvenil, co que se proclamou campión da División de Honra na campaña da súa estrea. Na 2021/22 disputou a Liga Xuvenil da UEFA e participou no histórico partido da Liga Xuvenil da UEFA ante o Dynamo de Kíiv que congregou a máis de 20.000 seareiros no estadio de Riazor. Na quenda de penaltis anotou o seu lanzamento ao estilo "Panenka", pero o equipo de Manuel Pablo caeu eliminado.
En xaneiro de 2022 debutou co Fabril na Terceira División, nun encontro ante o Noia, e na tempada seguinte xogou xa de xeito habitual co filial, disputando 27 partidos e contribuíndo con 6 goles á consecución do título de Terceira e ao ascenso do equipo á Segunda División RFEF.
O 23 de setembro de 2023 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña na Primeira División RFEF, da man do adestrador Imanol Idiakez, na quinta xornada da tempada ante o Cornellà en Riazor. Saltou ao terreo de xogo nos minutos finais, como substituto de Diego Villares, nun partido que rematou 1-1. Só 14 horas despois, xogou como titular co Fabril ante a Arandina e marcou dous dos tres goles do seu equipo, que venceu por 3-2. Anotou dous goles máis nos tres seguintes partidos co Fabril, ata que fracturou o peroné nun encontro ante a Gimnástica de Torrelavega, precisando dunha operación cirúrxica. Reapareceu máis de dous meses despois ante o Ourense e a continuación fíxose coa titularidade ata o final da tempada.
Para a campaña 2024/25 foi cedido ao Arenteiro, que viña de ascender á Primeira Federación. Titular indiscutible no club ourensán ás ordes de Raúl Jardiel, destacou como un dos mellores xogadores do equipo e contribuíu a que este se convertese na revelación da liga, enganchándose aos postos de promoción de ascenso na campaña do seu debut na categoría. Disputou 20 encontros, todos como titular, e as súas boas actuacións no Carballiño propiciaron que fose recuperado no mercado invernal polo Deportivo da Coruña, onde herdou o dorsal número 7 de Lucas Pérez trala marcha deste.
No seu regreso á Coruña foi gañando protagonismo de xeito progresivo e acabou como titular trala lesión de David Mella en abril. Sumou 17 partidos, 6 deles como titular.
Para a tempada 2025/26 foi cedido ao Cartagena, da Primeira Federación. Militou menos de cinco meses no club murciano, disputando 19 partidos, 10 deles como titular, e marcando un gol ante o Teruel. En xaneiro de 2026 deixou Cartaxena e foi cedido ao Pontevedra, da mesma categoría. No club granate sumou 15 partidos, todos agás un como titular, e marcou un gol contra o Guadalajara. No verán de 2026 anunciouse unha nova cesión para o xogador, desta vez ao Huesca, tamén de Primeira Federación.
Palmarés Fabril Terceira División RFEF (1): 2022/23.
Deportivo da Coruña Primeira Federación (1): 2023/24.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiTotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesFabril2021/223º RFEF10--102022/233º RFEF276--2762023/242º RFEF177--177Total club4513004513Deportivo da Coruña2023/241ª RFEF 1 0 00 10Arenteiro2024/251ª RFEF20200202Deportivo da Coruña2024/25Segunda17000170Total club18000180Cartagena2025/261ª RFEF18110191Pontevedra2025/261ª RFEF151--151Total carreira 96 17 10 9717 Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Datos do xogador en LaPreferente .
Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados en Amoeiro Categoría:Futbolistas da provincia de Ourense Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CD Arenteiro Categoría:Xogadores do Cartagena FC Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do SD Huesca