A Spialia sertorius é unha bolboreta da familia Hesperiidae. Atópase en Europa do sur, Europa central e África do norte. É unha especie de rexións montañosas, atópanse en Europa en altitudes de até 1400 m. esquerda|miniatura|200x200px|Ovo A súa envergadura de á vai desde 22 a 26 mm., voan de abril até agosto dependendo da súa localización. Normalmente ten dúas xeracións por ano, os adultos da segunda xeración son máis pequenos que os da primeira.
É unha especie variable pero normalmente pode distinguirse de especies similares como Spialia orbifer pola cor marrón escura avermellada do reverso das súas ás. O lado superior das ás é marrón escuro con manchas brancas pequenas.Lepidoptera Mundi (formerly European Butterflies and Moths) Spialia Sertorius-Lepiforum.de
As larvas aliméntanse de Sanguisorba, incluíndo Sanguisorba minor, Rubus idaeus e Potentilla, incluíndo Potentilla verna.
Subespecies
Spialia sertorius sertorius (Europa) Spialia sertorius ali (Oberthür, 1881) (Marrocos, Alxeria, Tunisia)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Whalley, Paul - Mitchell Beazley Guide to Butterflies (1981, reimpreso en 1992) ISBN 0-85533-348-0
Categoría:Insectos de Europa Categoría:Polinizadores Categoría:Bolboretas de Galicia