O Sycamore Gap Tree ou, máis recentemente, árbore de Robin Hood era un sicómoro ou pradairo que se atopaba xunto á muralla de Hadrián preto de Crag Lough en Northumberland, Inglaterra. Este treito da muralla segue o bordo dun penedo, un afloramento do Whin Sill, e varias caídas bruscas nel provocadas polo derretemento das augas glaciares. A árbore, un exemplar de Acer pseudoplatanus duns centos de anos estaba dentro dun destes mergullos (gap) co penedo e o muro elevándose drasticamente a cada lado. O muro e os terreos adxacentes, incluído o lugar da árbore, son propiedade do National Trust, que tamén lle puxo o nome.
Historia Era unha das árbores máis fotografadas do país, e moi popular para fotógrafos astronómicos. O seu nome alternativo derivou de aparecer nunha escena destacada da película de 1991 de Kevin Costner Robin Hood, príncipe dos ladróns. A árbore gañou o premio England Tree of the Year en 2016 e foi nomeada como Árbore Europea do Ano. Foi talada e derrubada na madrugada do 28 de setembro de 2023 nun acto de vandalismo. Ao parecer, foi cortada cunha motoserra, na base do seu tronco, cunha liña branca pintada con aerosol xusto debaixo do corte. A policía de Northumbria detivo un mozo de 16 anos acusado dun delito penal de danos. Porén, outros homes adultos foron xulgados en 2025 por eses feitos.
Xuízo En maio de 2025, dous homes, de 39 anos e 32 anos, foron declarados culpables de danar tanto a árbore como o tramo da muralla de Hadrián onde se atopaba. O tribunal de Newcastle considerou probado que talaron a árbore deliberadamente durante unha noite de temporal, filmando o acto e presumindo del posteriormente. A xuíza advertiu de que poderían enfrontarse a penas de prisión prolongadas. O caso provocou unha forte indignación pública e levou ao Woodland Trust a reclamar unha nova lexislación específica para a conservación de árbores senlleiras.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Árbores senlleiras Bosque de Sherwood Quercus Major Oak Robin Hood
Categoría:Acer Categoría:Árbores senlleiras