Thomas George Hallenbeck (coñecido tamén como Tom Hallenbeck), nado en Fort Wayne, Indiana, o 13 de novembro de 1961, é un numismático estadounidense, expresidente da American Numismatic Association e propietario do establecemento Hallenbeck Coin Gallery, dedicado ao comercio de moedas.

Traxectoria

Thomas Hallenbeck naceu en 1961 en Fort Wayne, no condado de Allen, Indiana en 1961, fillo de June Eugenia Miekka e do tamén numismático Kenneth L. Hallenbeck, polo que se criou rodeado de moedas desde a súa primeira infancia. O seu pai levaba adoito a Thomas e os seus irmáns ás convencións numismáticas e ás reunións dos clubs locais,"Hallenbeck, Tom". En The Most Influential People in Numismatics 2023. Coin World. 2023. Páxina 64. algúns dos cales presidía. En 1983, Kenneth fundou o establecemento Ken Hallenbeck Coin Gallery, un comercio numismático en Colorado Springs, no que Thomas comezou a colaborar."ANA Awards Given to Numismatists Making a Difference". En Coin Week. 31 de xullo de 2019.Smith, P. (2012).

Logo de cursar estudos superiores de Finanzas na Universidade de Colorado en Boulder, a traxectoria de Thomas Hallenbeck transcorreu sempre vinculado á numismática. No ámbito asociativo, foi membro da xunta directiva da American Numismatic Association (ANA) de 1997 a 2001, logo vicepresidente (2009-2011) e finalmente presidente, entre 2011 e 2013— un cargo que xa ocupara o seu pai de 1989 a 1991—."ANA Presidents: 1891-Present". American Numismatic Association (Money.org). Igualmente, foi membro doutras entidades asociativas, algunhas das cales presidiu, como a Asociación Numismática de Colorado-Wyoming e a Asociación de Numismáticos Profesionais de Colorado. Tamén foi vicepresidente da Token and Medal Society (1998-2004) e do Colorado Springs Coin Club e forma parte da asociación Industry Council for Tangible Assets.

No ámbito editorial, Thomas Hallenbeck foi entre 1970 e 1974 editor de CoinChatter, a publicación do Old Fort Coin Club, de Indiana.

En 2001, Hallenbeck adquiriu a tenda de moedas que o seu pai fundara en Colorado Springs —Ken Hallenbeck Coin Gallery Inc—, actualizoulle o nome a Hallenbeck Coin Gallery e pasou a ser o seu presidente.

En 2023 entrou na lista publicada pola revista temática Coin World dos 100 numismáticos máis influentes desde 1960.

Recoñecementos

1996: Premio Goodfellow, da American Numismatic Association (ANA). 2001: Premio Glenn Smedley Memorial, da ANA. 2003: Medalla ao Mérito da ANA. 2003: Premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN)."Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN). 2019: Premio Farran Zerbe Memorial, da ANA."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association (Money.org)."ANA Awards Hallenbeck, Hontoon, and Sammut". En The E-Sylum. 11 de agosto de 2019.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Smith, P. (2012). "Hallenbeck, Thomas G(eorge)". En American Numismatic Biographies. Páxina 187.

Ligazóns externas Sitio web de Hallenbeck Coin Gallery

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados no condado de Allen, Indiana Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Colorado Categoría:Personalidades sen imaxes