The Super Mario Bros. Movie é un filme estadounidense de 2023 baseado na franquía de videoxogos de Nintendo Mario. Producido por Universal Pictures, Illumination e Nintendo, e distribuído por Universal, dirixiuno Aaron Horvath e Michael Jelenic, e o guión escribiuno Matthew Fogel. O elenco está composto por Chris Pratt, Anya Taylor-Joy, Charlie Day, Jack Black, Keegan-Michael Key, Seth Rogen e Fred Armisen. O filme presenta unha historia de orixe para os irmáns Mario e Luigi, fontaneiros italo-estadounidenses que son transportados a un mundo alternativo e onde se libra unha batalla entre o Reino dos Cogomelos, liderado pola Princesa Peach, e os Koopas, liderados por Bowser.

Personaxes Chris Pratt como Mario Anya Taylor-Joy como Princesa Peach Charlie Day como Luigi Jack Black como Bowser Keegan-Michael Key como Toad Seth Rogen como Donkey Kong Fred Armisen como Cranky Kong Sebastian Maniscalco como Spike Kevin Michael Richardson como Kamek

Notas

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX