William Holland, máis coñecido polo seu nome artístico Quantic, nado en 1980, é un músico, DJ e produtor discográfico inglés. Holland grava baixo diversos pseudónimos, entre eles Quantic, a Quantic Soul Orchestra, The Limp Twins, Flowering Inferno e Ondatrópica. A súa música presenta elementos da música tropical, cumbia, salsa, bossa nova, soul, funk e jazz. Holland toca guitarras, baixo, contrabaixo, piano, órgano, saxofón, acordeón e percusión. A maior parte da súa obra é de composición orixinal, en lugar de facer sampling doutros artistas. Además dos seus temas propios, tamén produciu remixes de máis de 30 cancións.
O primeiro selo de Holland chamábase Magnetic Fields, no que lanzou heavy soul e funk, proxecto que durará ata 2003. En 2018, Holland fundou o selo discográfico Selva, con sede en Brooklyn, Nova York, e leva publicando música en Selva desde principios do 2020.
Discografía William Holland produciu oito álbums de estudo baixo varios pesudónimos. Ata 2020, todos os seus traballos publicáronse no selo Tru Thoughts de Brighton. +DataArtista principalÁlbum2001QuanticThe 5th Exotic2002QuanticApricot Morning2003The Limp TwinsTales from Beyond the Groove2003The Quantic Soul OrchestraStampede2004QuanticMishaps Happening2005The Quantic Soul OrchestraPushin' On2006QuanticOne Off's Remixes and B Sides2006QuanticAn Announcement to Answer2006Spanky Wilson & The Quantic Soul OrchestraI'm Thankful2007The Quantic Soul OrchestraTropidélico2008Flowering InfernoDeath of the Revolution2009Flowering InfernoDog with a Rope2009The Combo BárbaroTradition in Transition2012The Combo BárbaroQuantic & Alice Russell: Look Around the Corner (con Alice Russell)2011QuanticThe Best of Quantic2012Los Miticos del RitmoLos Miticos del Ritmo2012OndatrópicaOndatrópica2014QuanticMagnetica2015Quantic Presents The Western TransientA New Constellation2016Flowering Inferno1000 Watts2017OndatrópicaBaile Bucanero2017Quantic & Nidia GóngoraCurao2019QuanticAtlantic Oscillations2019QuanticAtlantic Modulations2020Quantic & DenitiaNowhere2023QuanticDancing While Falling
Notas
Categoría:Músicos de Inglaterra Categoría:Nados en 1980