Xosé Ignacio Villar Regueiro, nado en Culleredo en 1963 e finado na Ponte da Rocha o 11 de outubro de 1990, foi un militante independentista galego que foi un membro do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive.

Traxectoria Era veciño do lugar de Cillobre (Culleredo), onde vivía había uns meses antes da súa morte, e tiña un fillo de meses. Atentado na discoteca Clangor

Na madrugada do xoves 11 ao venres 12 de outubro de 1990, Villar Regueiro participou nun atentado con bomba na discoteca Clangor xunto con Dolores Castro Lama. Tratábase dun dos locais de lecer nocturno máis populares da cidade universitaria de Santiago. Os terroristas alegaron que a sala era un centro de narcotráfico."La ofensiva «guerrilleira» siembra el temor entre los narcotraficantes gallegos", artigo en El País, 13 de outubro de 1990

Como consecuencia da explosión, faleceu a viguesa Mercedes Domínguez Rodríguez, estudante de 26 anos, así como Villar Regueiro e Castro Lama, os autores materiais do atentado. Houbo 49 feridos, entre clientes e empregados, cinco deles de gravidade. O local quedou gravemente danado polo artefacto.

Segundo os terroristas, os explosivos deberían estourar ao remate da noite, cando a discoteca estivese pechada,"La policía da por muerto al 'Exército Guerrilheiro' diez años después de su último golpe ", La Voz de Galicia, 11 de novembro de 2000 mais a acción dos altofalantes provocou a súa detonación anticipada.

Notas

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Culleredo Categoría:Finados en 1990 Categoría:Membros do EGPGC