Claudia Goldin, nada en Nova York o 14 de maio de 1946, é unha economista e académica estadounidense, profesora de economía na Universidade Harvard. Goldin foi presidenta da American Economics Association durante o curso 2013-2014. En 1990, converteuse na primeira muller titular do departamento de economía da Universidade Harvard.

A súa investigación inclúe temas como a historia económica, a economía laboral, a desigualdade, a educación e a fenda salarial de xénero. É membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.

En 2023 foi galardoada co Premio Nobel de Economía por "avanzar na comprensión dos resultados do mercado laboral das mulleres". O seu libro Career & Family: Women's Century-Long Journey toward Equity conclúe co impacto da pandemia nas carreiras das mulleres e a equidade das parellas.

Notas

Categoría:Premio Nobel de Economía Categoría:Alumnos da Universidade Cornell Categoría:Alumnos da Universidade de Chicago Categoría:Profesores da Universidade Harvard Categoría:Historiadores económicos Categoría:Membros da Academia das Artes e das Ciencias dos Estados Unidos de América Categoría:BBC 100 Mulleres